Ademais, o Partido Popular critica a falta de concreción de boa parte dos proxectos a executar e a ausencia de previsións orzamentarias e prazos de execución concretos. Igualmente, os populares denuncian a soberbia e prepotencia da Xunta de Galicia, que presentou o plan sen consultar cos concellos nin coas deputacións provinciais.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal prioritario que o Pleno do Concello de Lugo inste á Xunta de Galicia a que teña en conta as achegas dos concellos antes de pechar definitivamente o plan, e a que estableza prazos de execución concretos así como as previsións orzamentarias precisas en relación con todas e cada unha das actuacións incluídas en mesmo.