-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular anuncia un pulso co PSOE para incorporar as súas propostas

07/08/2007

* O Partido Popular consegue o compromiso do goberno para ter en conta as súas alegacións para evitar que queden afectados dúplex, entreplantas e edificios que a proposta socialista deixaba fóra de ordenación.

Os concelleiros populares, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, explicaron que o equipo de goberno comprometeuse, na xunta de traballo do PXOM celebrada esta mañá, a revisar as alegacións presentadas polo Partido Popular relativas ao cambio de pendente dos áticos e para evitar que queden fóra de ordenación entreplantas e edificios.

"Son propostas feitas con prudencia e sentido común, non hai nada de filosofía senón que se trata de alegacións concretas como a das entreplantas e áticos que afectan a moitos cidadáns" subliñou, José Manuel Barreiro.

O Partido Popular insistiu en que manterán un pulso co PSOE para conseguir que se admitan as propostas que se presentaron para os distintos barrios da cidade.

Os concelleiros populares tamén puxeron de manifesto o seu criterio sobre o desenvolvemento conxunto de áreas grandes de chan pedindo a redución do tamaño polígonos de actuación.

Concello de Lugo

"Seguiremos batallando para sacar adiante un plan xeral que pense en todos e non nuns poucos".

Dúplex e entreplantas edificios fóra de ordenación.-

Jaime Castiñeira explicou que no caso dos dúplex as alegacións que presentou o PP eran para corrixir a memoria do Plan Xeral na que se contempla a redución a 35 graos da pendente dos tellados deixando, deste xeito, fóra de ordenación ao 80% dos áticos que se fixeron conforme á licenzas concedidas polo plan do 91.

Outro tema que se revisará a instancias do PP ten que ver coa situación na que quedan as entreplantas. O Grupo Popular criticou que o PXOM redactado polo PSOE deixe fóra de ordenación as entreplantas "minguaríase o valor destes inmobles e non se gañaría nada na calidade estética".

No transcurso da reunión o PP tamén deixou claro que debe prevalecer o sentido común á hora de deixar fóra de ordenación edificios afectados polo número de plantas e fondos edificables. Nese sentido conseguía o compromiso do goberno de respectar as alturas permitidas polo PXOM do 91 excepto naquelas zonas de nova construción onde crear un novo sistema de ordenación non suporía ningún trauma.
O Partido Popular tamén explicou que a petición súa flexibilizaranse as limitacións de superficie e número de trasteiros así como distintas modificacións para prazas de garaxes.

Todas estas alegacións forman parte do paquete que presentou o Partido Popular dentro do capítulo de "Chan Urbano: ordenanzas e normativas".

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo