-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular preocupado pola nova aparición de peixes mortos no río

06/08/2007

* Este é o segundo caso que se rexistra en menos de tres semanas.

* Os populares piden que non se eludan responsabilidades e reclaman ao Concello un control máis exhaustivo a través do servizo de socorristas acuáticos e patrulla verde

O Grupo Municipal do Partido Popular expresou a súa preocupación pola aparición de troitas mortas no Miño na zona do Caneiro do club fluvial. Os populares recordan que esta non é a primeira vez neste verán que aparecen peixes flotando nas augas do río.

A última foi hai pouco máis de tres semanas, en concreto o 17 de xullo nas proximidades da ponte romana da estrada de Santiago. Os populares mostran a súa estrañeza pola contestación do Concello que ao seu xuízo se desentiende deste suceso.

"Aínda que non sexa da súa competencia directa o Concello si ten un servizo de socorristas acuáticos así como a patrulla verde que poderían levar a cabo un control máis exhaustivo. Á vista está que nin se preocupan nin toman as medidas que están ao seu alcance".

Foto

Dado que en ambos os casos os peixes apareceron mortos en zonas próximas o Grupo Popular quere saber se se trata de verteduras localizadas, e se se fixeron as análises de aúgaas pertinentes. "A estas alturas deberían saberse os motivos que provocaron a mortaldade do primeiro caso e, dado que as troitas mortas apareceron onte nunha zona próxima, cabe a posibilidade de que as causas sexan as mesmas".

O Grupo Popular agarda que a solución deste problema ambiental non pase por un rifi-rafe de competencias como o que vivimos a semana pasada coa situación da Muralla.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo