-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama a convocatoria da comisión de festas do San Froilán para consensuar temas pendentes

06/08/2007

* Alicia Pena: para facer unhas festas "de todos" deberíase contar coas achegas da oposición xa que o PSOE goberna en minoría.

* A edila avanza que o seu grupo proporá como pregoeira do San Froilán á escritora Marta Rivera.

O Grupo Popular reclama a convocatoria urxente da comisión de festas para concretar os aspectos que quedaron pendentes na última xunta celebrada o pasado mes de marzo. Alicia Pena mantén que para facer unhas festas "de todos" deberíase contar coas achegas da oposición xa que o PSOE goberna en minoría.

"A estas alturas deberían estar xa concretados moitos temas. É indigno, e un claro erro, que a responsable de cultura non teña a mínima deferencia de informarnos aos grupos da oposición, e que teñamos que coñecer as primeiras propostas para as festas a través da prensa".

A concelleira do PP, Alicia Pena asegura que con actitudes como estas se descobre o verdadeiro talante dos socialistas que "pregoan que dan participación e logo bótannos en cara que non facemos achegas. Xa vemos o que lles importan as nosas suxestións".

O Grupo Popular advirte que non admitirá que se lles presente o programa a través dos medios, tal e como fixeron noutras ocasións "a oposición ten que estar decatada de como vai a programación e opinar de temas que están no aire como o nome do pregoeiro do San Froilán". Nese sentido, Alicia Pena recordou a proposta que fixo Joaquín García Díez para designar á escritora lucense Marta Rivera pregoeira das festas. A concelleira popular explicou que esta será a proposta do seu grupo, puntualizando "que espera ninguén rexeite".

O Partido Popular demostrou que acode a estes encontros co ánimo de consensuar, (caso da polémica dos barraquistas). Nese sentido a edila popular insta a que se lles convoque deseguido a un encontro para acordar e perfilar a programación das festas do San Froilán.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo