-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Barreiro recorda que o PP xa advertiu de que a venda a treo de solares públicos non era unha boa estratexia para financiar as débedas

03/08/2007

*O informe do Consello de Contas dá a razón ás queixas constantes realizadas polo grupo popular de venda continua de patrimonio municipal.

O Grupo Municipal do Partido Popular, a través do seu concelleiro José Manuel Barreiro, saíu ao paso das conclusións do informe do Consello de Contas.

Barreiro subliñou como o ditame vén dar a razón as reiteradas denuncias presentadas desde o grupo popular nas que se criticaba a venda "a treo" de solares públicos destacando, entre outras, a do caso do parque de bombeiros situado na rolda da muralla ou distintas parcelas en Augas Férreas

Barreiro lamenta que se estea esquilmando o patrimonio municipal e puntualiza que "ninguén fala de que sexa ilegal pero non nos parece boa estratexia para financiar ás débedas do Concello".
Policía Municipal

A xuízo de José Manuel Barreiro esta é unha xestión do "pan para hoxe e fame para mañá xa que ao diminuír o patrimonio municipal malgástanse os recursos que podían quedar para todos os lucenses e hipotécase ao concello por moitos anos máis".

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo