| |
|
|
| |
| O Grupo Municipal Popular discrepa en como se están a adxudicando as contratacións de roza no rural |
03/08/2007 |
|
| * Para evitar esta práctica o PP propón a creación de dúas brigadas permanentes de obras. Esta proposta sería parte dun paquete de medidas para mellorar o servizos das parroquias. |
O Grupo Popular mostra o seu desacordo sobre como se están adxudicando as contratacións de roza das pistas do rural.
A concelleira popular Cristina Ares explicou como na última Xunta de Compras celebrada o pasado 13 de xullo rexeitou dar o seu apoio no punto relativo á contratación dos labores de roza das pistas da zona rural por considerar como mínimo pouco ético que se divida os traballos en dúas obras menores, unha por un importe de 29. 914,00 euros e outra de 29.797,00 (a cantidade máxima para os contratos menores é de 30.050,61 euros conforme á Lei de Contratos das Administracións Públicas), para permitir así unha maior discrecionalidad na adxudicación dos contratos por parte do Concelleiro de Zona Rural, Francisco Fernández Liñares.
|
A concelleira popular dixo sentir vergoña allea polas declaracións do señor Piñeiro no transcurso da Xunta de compras, cando, a petición da edil popular, o edil responsable de Zona Rural xustificou esta división dos traballos argumentando que "as empresas que os realizan son pequenas e unha soa non podería facerse cargo".
|
|
O Grupo Municipal popular considera unha aberración adaptar a forma en que se contrata unha obra ás características das empresas ás que Francisco Fernández Liñares quere adxudicala.
Á concelleira chámalle a atención que o equipo de goberno socialista nin sequera garde as formas e espere a que se aproben as adxudicacións, no organismo competente, para comezar os traballos de roza.
Propostas .-
A proposta do Partido Popular para superar a situación actual de "improvisación, amiguismo e abandono" no que se atopan as pistas do rural chegaba en boca do concelleiro Manuel López quen solicitou "a creación de dúas brigadas permanentes de obras para o mantemento, durante todo o ano, das pistas rurais, o avance da sinalización ..."
O concelleiro do Grupo Popular afirmou que vendo como se están levando a cabo os labores de roza confírmase que o equipo de goberno de Lugo continua coa política de "salto de mata" que ademais de ineficaz supón un verdadeiro parche para "saír do paso".
"Rozar simplemente, sen unha adecuada limpeza das cunetas, ten consecuencias a medio prazo negativas xa que coas primeiras choivas a auga desborda e corre polas pistas deteriorando o firme".
O señor Liñares presumía recentemente dos avances en iluminación nas parroquias. O equipo de goberno está orgulloso dos puntos de luz colocados nos últimos cinco anos "moi baixo ten o listón para os do rural xa que, se facemos contas, os puntos de luz que instalaron nese período foron pouco máis que un farol e media por parroquia cada ano".
Manuel López concluíu pondo de manifesto que o rural de Lugo precisa de plans serios, ambiciosos e con imaxinación, como o proposto, que ademais de dar solucións definitivas a curto prazo serian menos gravosos para as arcas municipais.
Manuel López comprometeuse a exercer durante este mandato unha política con propostas de servizos ao rural para equiparar a súa calidade de vida cos que residen na capital.
|
| |
|
|
|
|