| |
| O Grupo Municipal do Partido Popular cualifica de mala desculpa o argumento do recurso dos policías interinos |
02/08/2007 |
|
*Enrique Rozas: "Se é verdade, e hai recurso, dá moito que pensar, xa que aparece xusto o mesmo día da denuncia que efectuou o Grupo Popular".
* Utilízase ata o último momento aos interinos como desculpa para cubrir a desastrosa organización do servizo. |
O concelleiro do PP, Enrique Rozas, rebateu esta mañá os argumentos esgrimidos polo equipo de goberno para xustificar que non executaron aínda a sentenza dos policías interinos.
Rozas afirma que, logo de consultar persoalmente esta mesma mañá aos servizos xurídicos e de persoal do Concello, non consta recurso algún. Se é verdade que hai recurso dá moito que pensar, xa que aparece xusto logo da denuncia que efectuou o Grupo Popular.
|
O concelleiro popular lamenta que o novo responsable da policía local utilice ata o último momento aos policías interinos como desculpa para cubrir a desastrosa organización que hai no seo da policía. |
|
Para Rozas o Concello no canto de recoñecer a súa falta de previsión está intentando por todos os medios cubrir o déficit de efectivos que durante este mes se está producindo na policía local.
Nese sentido Enrique Rozas reafírmase en que o pasado día 14 (entre as 6:00 e ás 8:00 horas) houbo unicamente dous policías, un axente e outro en ateigados tal e como comprobou persoalmente.
|
| |
|
|