-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular sospeita que a desorganización na Policía Local atrasa a execución da sentenza do Supremo

01/08/2007

* O concello tiña dous meses, en período voluntario, para a súa execución.
* Rozas insiste en que o servizo necesita unha reestruturación urxente e pide ao novo equipo directivo que traballe sen descanso.
* O edil popular afirma que a falta de previsión da policía está a repercutir na calidade do servizo.

O Grupo Popular do PP sospeita que a mala planificación do servizo da policía local é a razón pola que o Concello de Lugo non foi capaz de executar en prazo a sentenza do Tribunal Supremo dos 16 axentes de policía interinos.

Enrique Rozas recorda que o equipo de goberno tivo dous meses para reorganizar o servizo, tal e como lle comunicou en maio o Tribunal Supremo, indicando o deber de pór fin ao proceso irregular da contratación destes axentes. Unha vez que finalizou este período e logo de comprobar que os gobernantes socialistas de Lugo deixaron pasar o tempo sen facer nada, o Grupo Popular a través do seu edil, Enrique Rozas, insiste en que asistimos, unha vez máis, "a un novo exemplo da política continuista que durante estes últimos oito anos do goberno de Orozco supuxo un fracaso tras fracaso nos distintos intentos de reorganización da Policía Local".

O concelleiro popular mostra a súa estrañeza pola falta de rigor por parte do Concello á hora de abordar o cumprimento da sentenza dos policías interinos "despois de que publicamente os responsables do goberno, tanto o alcalde como o portavoz socialista, manifestaran que o resolverían a finais de xullo".
Policía Municipal

Nula presenza policial.-

Enrique Rozas puxo de manifesto que a proba da desorganización da policía local é o escaso número de axentes que prestan servizo en cada quenda "chegando, en ocasións, a ter unha nula presenza policial na rúa". O concelleiro popular ata indicou que o pasado día 14 de xullo entre as 6:00 ás 8:00 da mañá só houbo dous axentes de servizo.

Rozas cre que a reestruturación da policía local non pode esperar máis e que hai que traballar sen descanso para mellorar este servizo xa que "tarde ou cedo o concello terá que cumprir a sentenza dos interinos e reduciranse os efectivos en 16 mentres non se cubran as prazas".

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo