-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se poña en valor a Muralla de Lugo

30/07/2007

* Teresa Taboada acusa ao equipo de goberno de non buscar un mantemento adecuado da súa contorna

A edil popular afirma que hai un desinterese manifesto polo monumento máis importante de Lugo, que é Patrimonio da Humanidade, polo que propón unha serie de iniciativas concretas.

Mal estado de l Muralla de Lugo

1º) Limpar as herbas existentes en todo o perímetro da muralla.
2º) Instalar papeleiras no adarve, xa que un dos problemas existentes na actualidade é que os propietarios dos cans non teñen onde botar as bolsas cos excrementos caninos. Igualmente é fácil comprobar a existencia de papeis, vasos, botellas, etc.
3º) Repor o céspede nos arcos do adarve da muralla, e mantelo a través da rega adecuada.
4º) Limpeza dos accesos a muralla, concretamente as escaleiras.
5º) Substituír as luminarias rotas.
6 º) Eliminar pintadas dos muros contiguos á muralla.
7º) Instalar máis paneis informativos sobre o adarve, que conteñan información histórica sobre a muralla e as súas orixes, a súa relación coa vida diaria de Lugo...

En resumo o Grupo Municipal Popular pide un mantemento e conservación da muralla continuo durante todo o ano porque é o noso cartón de presentación turística e o noso emblema de face ao exterior.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo