-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón que se negocie coa empresa adxudicataria a ampliación das prazas dos aparcadoiros subterráneos

27/07/2007

* O reducido tamaño das prazas é obxecto de frecuentes críticas por parte dos usuarios.

Cristina Ares e Enrique Rozas solicitan que no proceso aberto de modificación do contrato concesional dos aparcadoiros de titularidade pública, inclúase a negociación da ampliación das prazas existentes.

Os concelleiros populares indican que son reiteradas as queixas dos usuarios dos aparcadoiros, motivadas polas reducidas dimensións das prazas, que impiden o estacionamento dalgúns vehículos, así como o seu normal funcionamento.

O Grupo Municipal Popular entende que o Concello debe valorar as consecuencias na explotación económica da concesión, orixinadas pola redución no número de prazas ao aumentar o tamaño das mesmas, e presentar a continuación unha proposta de modificación do contrato concesional que non prexudique os dereitos lexítimos da empresa adxudicataria e que podería consistir, por exemplo, na ampliación do prazo da concesión.

Aparcamientos en Lugo

A día de hoxe, a empresa adxudicataria presentou dous escritos: un relativo á supresión de prazas con motivo da instalación dun ascensor no aparcadoiro de Santo Domingo, e outro sobre as consecuencias no réxime financeiro da concesión ocasionadas pola entrada en vigor a partir do 1 de setembro da Lei 44/2006 de avance de protección de consumidores e usuarios.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo