-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular manifesta que, de confirmarse, o nomeamento do novo Director Xeral da Policía sería por motivos políticos.

20/07/2007

*Enrique Rozas "A designación desta persoa próxima ao PSOE por parte do señor Orozco non é a forma máis adecuada de intentar solucionar problemas coa Policía Local"

O Grupo Municipal do Partido Popular, ante as noticias relativas ao próximo nomeamento do novo Director Xeral da Policía Local, quere manifestar que, se se confirma esta designación, pensa que obedece claramente a unha cuestión de carácter político e non a buscar unha solución que resolva o caos existente no seo de Policía Local de Lugo.

Enrique Rozas considera que se intenta máis dar acomodo a unha persoa próxima ao PSOE que buscar unha solución real. A Policía Local de Lugo necesita para a súa dirección profesionais coñecedores da situación na que se atopa o corpo, porque para a dirección política xa se atopa o concelleiro delegado.

O edil popular recordou que a persoa da que se está falando é asesor xurídico do Partido Socialista, e ata ocupou cargos de confianza na Deputación da Coruña.

O Grupo Municipal do Partido Popular reitera unha vez máis, que se se necesita unha persoa para dirixir a Policía Local, no seo da propia Policía existen persoas suficientemente preparadas e con coñecemento dabondo para desempeñar ese labor.

Policía Municipal
 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo