-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Os populares piden a mellora e ampliación do campo da feira de Nadela

19/07/2007

* O Grupo Municipal Popular denuncia vertidos nunha cuneta de Nadela motivado pola falta de canalización.

Teresa Taboada e Manuel López denunciaron que en Nadela non hai canalización nun tramo de 100 metros. Esta situación está xerando un risco ambiental, xa que as augas residuais van ao aire libre pola cuneta da estrada, provocando malos cheiros. Os edís populares igualmente advirten do perigo que supón para os peóns porque a beirarrúa é moi estreita polo que o risco de caída está presente en todo o tramo.

A concelleira Teresa Taboada solicita que se limpe a cuneta con urxencia, xa que hai botellas, plásticos, deterxentes e residuos de todo tipo co consecuente impacto ambiental. Pediu que se aproveiten as obras que se están realizando na variante Nadela-A Tolda para canalizar ese tramo, coa finalidade de darlle unha solución rápida, reducindo os custos e evitando unha obra posterior que xeraría molestias a condutores e veciños da zona.

Foto

Manuel López indica a necesidade de acondicionar o campo da feira de Nadela, xa que existe unha Carballeira singular que está en mal estado, sobre todo na zona das grelladas. Solicítase tamén que se estude a ampliación da zona de recreo na vertente do regato existente nas proximidades, coa posibilidade de facer un paseo e crear unha verdadeira zona lecer. Igualmente o edil popular solicita o traslado do punto de provisión de plásticos agrícolas a outro lugar por non ser o sitio actual o máis adecuado.

Manuel López faise eco da petición veciñal de arranxar as beirarrúas da N-VIN ao seu paso por Nadela, porque actualmente están máis altas que as vivendas e cando chove entra a auga no interior das casas.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo