| |
| O Grupo Municipal Popular cualifica de chapuza o proceso de contratación de interinos da Policía e lamenta a súa situación de precariedade |
12/07/2007 |
|
* Enrique Rozas "a falta de previsión do equipo de goberno está provocando a día de hoxe unha situación esperpéntica, xa que non se fixo unha planificación dunha situación que era coñecida desde o mes de maio" |
Para o Grupo Municipal do Partido Popular as declaracións efectuadas no día de onte polo alcalde, onde mostra a súa preocupación e ata anuncia a convocatoria da xunta local de seguridade para analizar a situación do cesamento dos policías interinos, resulta sorprendente, e demostra unha vez máis a mala planificación e a falta de organización no seo da Policía Local, xa que non hai que esquecer que o Persoal da Policía compona preto de 140 efectivos. |
Enrique Rozas afirma que o goberno local tivo tempo dabondo para cubrir as prazas e non chegar a esta situación onde, tanto a cidade como os propios axentes interinos, saen prexudicados. Igualmente considera que a situación actual da Policía Local é froito da prepotencia e o mal facer do equipo de goberno nos últimos anos. |
|
O edil popular recorda que a contratación dos 16 policías interinos fíxose de forma ilegal como así o indicou o ditame do TSXG no ano 2005 por iso considera urxente a convocatoria das oposicións así como unha reestruturación inmediata no seo da Policía.
|
| |
|
|