-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular segue apostando por suavizar o impacto visual das edificacións do Parque

07/07/2007

* Na comisión celebrada hoxe déuselle a razón aos populares ao recoñecer que o deseño das edificacións da leira de Garañón era "manifestamente mellorable".
* Jaime Castiñeira: "a situación é complicada dado que a tramitación do expediente está moi avanzada, e a causa do atraso da aprobación do PXOM"

O concelleiro do Grupo Popular afirmou que o seu partido seguirá loitando para mellorar o deseño e minimizar o impacto visual das edificacións que se van a construír nas costas do parque.

Jaime Castiñeira explicou que na comisión celebrada, esta mañá, recoñeceuse que o PXOM do PP do ano 1991 permitía facer un PERI distinto ao actual na leira de Garañón, no que se contempla a construción de 6 torres de nove plantas cunha fronte de 88 metros. "Quedou claro que se puido facer outra cousa distinta, neste momento a situación é moi complicada". "Está todo ben atado, a pesar de todo intentaremos facer algún caneo".

Dado que a tramitación do expediente está moi avanzada (o promotor xa presentou o proxecto pedindo licenza de obra) e dada a situación na que se atopa a revisión do PXOM queda unha escasa marxe de manobra.

Alzado Edificio cuestas del Parque

Respecto de orde de paralización emitida por Cultura indicou que "non nos metemos nas liortas internas BNG-PSOE, esperaremos a coñecer a resolución xudicial".
Castiñeira puntualizou que a próxima semana o grupo popular manterá unha reunión para avaliar alternativas para solucionar esta situación. "Intentaremos esgotar todas as posibilidades" puntualizou

 

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo