-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular acudirá á comisión de achaiadura con ánimo de buscar solucións para as torres das costas do parque

04/07/2007

* Castiñeira ve unha falta de cortesía na afirmación de Liñares en que di que non modificará nadiña de nada do proxecto.

Satisfacción no Grupo Popular pola convocatoria para este venres da xunta de portavoces para estudar a situación das torres das costas do parque. "finalmente e grazas á presión exercida desde o Partido Popular vaise a analizar este proxecto". Jaime Castiñeira recordou que a xunta do venres é consecuencia da petición presentada polo seu grupo e que se aprobou no pleno do pasado día 25.

"Neste como noutros temas o Grupo Popular é o que marca o ritmo de traballo do Equipo de Goberno" afirmou o edil popular. "Nun prazo de menos de 24 horas logo de denunciar a tardanza en convocarnos pídellenos unha relación para adscrición de concelleiras a órganos municipais, entre os que está a comisión de achaiadura, e tamén se convoca a xunta de portavoces para o venres".

Castiñeira espera que na xunta do próximo venres, ademais dos portavoces, estean tamén os funcionarios que levaron a cabo os trámites administrativos deste PERI

Foto

Falta de cortesía.-

Para o Grupo Popular as declaracións do responsable de urbanismo nas que afirma que "non modificará nadiña de nada o proxecto das costas do parque" indican unha clara falta de cortesía, "nin esperaron a reunirse cos grupos da oposición para manifestar a súa postura".

Sobre a orde de cultura de parar a obra preventivamente: "se cultura paraliza as cousas non se deberon facer tan ben. Polo menos hai dúbidas na tramitación do PERI. De feito o Partido Popular foi o primeiro que denunciou o convenio en agosto de 2005 e presentou varias alegacións.

"TODOS, non só os do Partido Popular, temos que ser consecuentes coas nosas propostas ante os cidadáns. Que non intente o señor Liñares culpar da situación das torres das costas do parque ao Partido Popular. Para o PP o programa electoral é un compromiso cos cidadáns e nós actuamos en consecuencia."

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo