| |
| O Grupo Municipal do Partido Popular acusa aos socialistas de pouco interese en sacar adiante o PXOM |
03/07/2007 |
|
* Desde que se constituíron as comisións do Concello, fai máis dunha semana, nin sequera pedíronselles aos grupos da oposición os nomes dos seus representantes na comisión de achaiadura.
* Para Castiñeira as ganas hai que demostralas traballando, e non nos podemos permitir dous meses de vacacións "seguimos sen saber prazos e temas concretos" |
O concelleiro do PP, Jaime Castiñeira, saíu ao paso das declaracións do responsable de urbanismo para solicitar que se axilice a tramitación do plan xeral.
Castiñeira apuntou que pasou máis dunha semana desde que o pleno aprobou os órganos de goberno e as distintas comisións, "desde esa data aínda non se pediron nin tan sequera aos distintos grupos da oposición os nomes dos representantes para conformar a comisión de achaiadura. O equipo de goberno non moveu nin un dedo para axilizar a súa constitución", puntualizou. Para o Grupo Popular dá a sensación que o novo concelleiro de urbanismo mostra pouco interese en sacar o PXOM adiante "seguimos sen prazos e temas concretos do PXOM".
|
Para o edil popular se alguén quere resolver un problema hai que porse a traballar desde o primeiro día e non esperar a que acabe o mes para convocar a comisión de achaiadura, hai que convocala nesta semana mellor que na seguinte.
Castiñeira recordou que hai tres meses para poder aprobar o documento, e que a Xunta necesita outros tres meses para informalo. Como o día 10 de febreiro ten que estar aprobado o PXOM, polo San Froilán debería pasar a aprobación municipal e "estamos moi xustos" puntualizou.
|
|
"Non é certo que o PSOE estea nunha posición intermedia, quen se apartou da realidade foron os socialistas, únicos autores do PXOM que se está tramitando. Máis que no centro ao longo deste proceso estiveron de costas aos cidadáns. Esperemos que agora cambien de actitude".
O Partido Popular xa manifestou en repetidas ocasións que non lle vale o Plan Xeral porque non responde á realidade de Lugo. Quen se apartou dos cidadáns foi o goberno do PSOE. O Partido Popular sempre estivo ao lado dos veciños e escoitounos tal e como puxo de manifesto nos seus 50 follas de alegacións.
O Partido Popular insiste en que o PXOM é un dos temas prioritarios para a cidade. De feito o 18 de xullo o Grupo Popular presentou unha petición para convocar este organismo de forma urxente, "non nos podemos permitir dous meses de vacacións".
|
| |
|
|