-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Alicia Peña propón abrir nos meses de verán un centro escolar que oferte servizo de comedor e actividades

01/07/2007

* A medida suporía un paso máis na conciliación laboral, tendo en conta a quen traballan tamén no verán.

A concelleira popular, Alicia Peña Murias, propón ao equipo de goberno que estude e cuantifique a posibilidade de abrir durante os meses de verán un centro escolar da cidade que oferte actividades extraescolares de mañá e tarde e servizo de comedor e merenda. A edil popular considera que con esta iniciativa beneficiaríase a numerosos pais que durante os meses de xullo e agosto traballen e necesiten un lugar onde atendan aos seus fillos.

Alicia Peña propón que se estableza este servizo nun centro educativo público que estea situado nun punto equidistante de todos os barrios (hai que ter en conta que teñen que ser colexios coas instalacións preparadas para dar este servizo).
En canto aos monitor encargados da organización de actividades lúdicas propón que o concello rote ao equipo de monitores que durante o curso escolar xa traballa nas actividades extraescolares organizadas desde o Concello.

Educación

A concelleira popular puntualiza que "non se trata de que o Concello corra con todos os gastos da posta en marcha desta medida", e subliña que habería que contemplar que os pais interesados poidan pagar unha achega.
A apertura dun centro no verán con servizo de comedor é unha iniciativa que xa se contemplaba no programa electoral do Partido Popular. Este tipo de ofertas xa se realizan noutros municipios españois conseguindo uns resultados moi positivos.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo