-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 

O PP negocia co PSOE unha emenda transaccional para fixar as dedicacións exclusivas e a contratación de persoal de confianza

29/06/2007

* García Díez contrario a "estrangular e condicionar" a un goberno a base de reducir medios materiais.

O Grupo Popular alcanzou un acordo co PSOE para sacar adiante unha emenda transaccional sobre a contratación de persoal eventual e as dedicacións exclusivas no concello de Lugo. García Díez explicou que se trata dunha alternativa intermedia á que expuñan inicialmente o BNG e o PSOE.

García Díez opina que para desempeñar ben o traballo como concelleiro nun concello como o de Lugo esixe contar con medios materiais humanos e suficientes.

Joaquín García Díez indicou que non é partidario de "estrangular" un goberno a base de reducir o seu campo de traballo "nunca se debe condicionar, nin estragular a un goberno a base de reducir medios materiais senón tenos por unha vía, vainos a ter por outra" puntualizou.

Para o portavoz popular o propor reducir o número de dedicacións exclusivas e consecuentemente aos grupos municipais non é unha estratexia correcta desde o punto de vista político.

A emenda transaccional que acordaron PSOE e PPcontempla: 9 exclusivas para o PSOE, 2 totais e 2 parciais o PP; 1 total e 1 parcial o BNG.

foto

Medios humanos e materiais .-

Noutra orde de cousas o portavoz popular, Joaquín García Díez, considera que é imprescindible que todos os grupos municipais teñan unha infraestrutura e unha dotación mínima de medios persoais e materiais que garanta o seu adecuado funcionamento e para iso propuxo que TODOS os grupos teñan tres persoas de eventuais ou postos confianza (2 asesores, grupo A e B e un secretario grupo C). No caso do grupo municipal que goberna incrementaríase este equipo a 7 eventuais máis.

O portavoz popular aclarou que a proposta que defende non suporá facer ningunha incremento do orzamento do capítulo I, dado que se cobre con dotacións de prazas vacantes.

Outras propostas comisión portavoces.-

Joaquín García Díez aproveitou a xunta de portavoces, que se celebrou esta mañá, para presentar unha proposta relacionada coa representación institucional dos portavoces dos distintos grupos municipais en actos aos que se invita ao concello. Solicítase que "por norma" en todas as convocatorias téñase un lugar reservado para os portavoces co obxectivo de evitar que un só grupo municipal monopolice os actos.

O portavoz popular tamén solicitou que se axilice a dinámica dos plenos e puxo sobre a mesa unha proposta para minutar as quendas de intervención que finalmente quedaron en 6 minutos a primeira e en tres a réplica.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo