-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular solicita que se free a concesión da Fábrica da Luz por entender que afecta ao interese xeral

29/06/2007

* Castiñeira considera que é un mal negocio desprenderse, durante 40 anos, dunha propiedade municipal sen recibir practicamente nada a cambio.
* Os ingresos do concello pola explotación deste edificio público non chegan nin ao 0,5% do investimento realizado polo Concello na rehabilitación deste edificio.
* Salvo que se ofrezan outras condicións máis vantaxosas os populares seguen apostando por que a Fábrica da Luz siga sendo propiedade municipal albergando a escola de pesca e aula da natureza

O grupo municipal popular propón que se free o proceso contratación do proxecto de execución das obras de recuperación de explotación e mantemento da minicentral hidroeléctica da fábrica da luz. Así o puxo de manifesto na mesa de contratación que tivo lugar onte, onde o concelleiro popular Jaime Castiñeira dixo que o seu grupo está preocupado polas condicións fixadas polo Goberno Local para concesión da rehabilitación e explotación destas dependencias municipais.

O edil popular mantén que "esta operación non ten sentido e é un mal negocio para o Concello de Lugo", xa que o canon que ofertan as empresas que se presentaron tan só supón un 5% na valoración para adxudicación, e a redución do prazo da concesión un 10%. "Estanse primando outros intereses e non os municipais. O beneficio que recibirá o Concello non alcanza nin medio punto do investimento realizado por este na rehabilitación do inmoble"

CONCLUSIÓN

O Concello entrega unha propiedade municipal, durante 40 anos e a cambio recibirá unha renda de 4.000 a 5.000 euros anuais. Castiñeira insiste en que se trata dun mal negocio e recorda que neste edificio o Concello xa leva gastado máis de dous millóns de euros.

Fixéronse obras en 1999 gobernando o Partido Popular e agora o Concello está gastando 1.070.000 euros en novos arranxos para facerlle máis rendible esta explotación a unha empresa particular.

Fábrica de la Luz

Castiñeira lamenta a "falta de eficacia e indecisión" do goberno local á hora de darlle unha saída digna á Fábrica da Luz , recordando como hai acordos plenarios para crear nestas dependencias unha escola de pesca ou unha aula da natureza. A solución de Orozco chega oito anos despois, adxudicándoa a unha empresa privada sen que o Concello obteña apenas beneficio algún.

O Partido Popular aposta por que a fábrica da luz siga en plena propiedade municipal e acondiciónese como escola de pesca e aula da natureza.

Castiñeira puntualiza que non é contrario ao modelo de concesión deste patrimonio pero considera que debe ser cunhas condicións máis vantaxosas e que se non é así "non interesa perder este inmoble".

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo