| |
|
|
| |
| O Grupo Municipal Popular propón incrementar os puntos de recollida de plásticos para evitar queimas e vertedoiros incontrolados |
27/06/2007 |
|
| *O concelleiro Manuel López Fernández reclama que se arromben xa os tres depósitos que existen en Mazoi, Nadela e San Xoán do Campo onde os residuos levan desde a campaña anterior sen recoller. |
O Grupo Municipal do Partido Popular propón que se incrementen os puntos de recollida de plásticos agrícolas e gandeiros do Concello. O concelleiro, Manuel López Fernández puntualizou que o ideal sería ter un por cada dúas parroquias pero para empezar, neste mandato, solicita que se xestionen vertedoiros deste tipo de residuos nas zonas onde sexan máis necesarios, tendo en conta o número de explotacións agrogandeiras que existan. |
O edil popular fixo esta demanda logo de reclamar que dun xeito inmediato arrómbense os tres puntos de recollida de plásticos que xa existen na actualidade en Mazoi, Nadela e San Xoán do Campo.
|
|
O concelleiro popular Manuel López Fernandez denunciou a lamentable situación na que se atopan estes tres depósitos de residuos agrogandeiros que levan sen recoller desde a anterior campaña. O edil pide que se faga unha recollida mensual para evitar imaxes como as que presentan estes puntos.
López Fernandez tamén solicitou que se sinalice adecuadamente e infórmese aos gandeiros e agricultores (a través dos pedáneos, asociacións veciñais, cooperativas ou de bandos) da existencia destes puntos "hai unha desinformación total, a maioría da xente descoñece a existencia destes puntos de provisión de plásticos".
Xestión de residuos.-
Manuel López Fernández propuxo que o concello monte un sistema de xestión eficaz deste tipo de residuos xa que ademais do problema ambiental que poden xerar estes plásticos, hai risco de graves penalizacións nas axudas comunitarias que perciben os gandeiros e agricultores.
O edil popular explicou que seguen sendo moi frecuentes os casos de queima ou de vertedoiros incontrolados deste tipo de residuos. Por iso é polo que en nome do seu grupo, Manuel López, presente esta proposta para dotar nun futuro a cada dúas parroquias dun destes puntos de recollida de plásticos.
|
| |
|
|
|
|