| |
|
|
| |
García Díez terá un papel de coordinador e de dirección do Grupo |
25/06/2007 |
|
* O PP de Lugo anuncia unha "oposición activa" e reparte o "control" do Goberno local entre os seus nove edís |
O Grupo Municipal do PP de Lugo afrontará o seu labor de oposición de forma "activa" e no que os nove edís distribuiranse por áreas o "control" á acción dos membros do Goberno local. O portavoz municipal popular, Joquín García Díez, asegurou que os edís do seu equipo presentarán propostas e "canalizarán as inquietudes dos cidadáns" para que o concello sexa "unha institución dinámica".
Cada concelleiro do grupo popular asumirá responsabilidades "de control" sobre a actividade diaria dos membros do Goberno local en paralelo ás áreas fixadas polo decreto de delegación do alcalde.
|
Repartición do seguimento.-
Expuxo que el como portavoz municipal do PP en Lugo, asumirá funcións "de coordinación, de representación e de impulso do labor de oposición", pero recalcou que "non haberá unha figura de portavoz unipersonal", xa que cada concelleiro "será responsable e traballará con plena liberdade" en cada área.
|
|
García Díez explicou que Cristina Ares Castro Conde fará seguimento das áreas de emprego e servizos xerais; José Manuel Barreiro encargarase de economía. Teresa Taboada controlará o áre de Medio Ambiente; mentres que Jaime Castiñeira levará urbanismo e infraestruturas; Sofía López Linares, Benestar social e muller; Enrique Rozas asume réxime interior, protección da comunidade e deportes. Alicia Pena controlará Educación, Cultura e Turismo e para rematar Manuel López levará a zona rural.
"Abertos" aos cidadáns.-
Este sistema de oposición comezará a traballar de inmediato, e establecerá un amplo horario para atender as demandas dos veciños nas oficinas que o grupo municipal ten na Casa do Concello e tamén na sede de San Marcos "estamos abertos aos lucenses para que trasladen calquera tipo de preocupación ou iniciativa".
Entre os proxectos a curto prazo Joaquín García Díez anunciou a posta en marcha para o mes de setembro da páxina web e da súa blog. Tamén avanzou que promoverá un calendario de visitas barrrio a barrio e polas parroquias.
Outro dos obxectivos do portavoz do Partido Popular será a reestruturación do organigrama do partido da cidade "hai que abrir o partido á sociedade
En canto ás dedicacións exclusivas, Joaquín García Díez avanzou as propostas que fará para as dous totais que serán para Cristina Ares e Enrique Rozas, as dous parciais, indicou, daraas a coñecer nos próximos días.
|
| |
|
|
|
|