-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 

O PP toma a iniciativa no Concello de Lugo con varias propostas

18/06/2007

* Joaquín García Díez, "non pode haber vacacións para o plan Xeral".
* Joaquín García Díez, Cristina Ares e Jaime Castiñeira presentaron esta mañá, no rexistro do Concello, distintas iniciativas relacionadas co urbanismo.
* Os populares tamén presentaron unha moción para clarificar a situación das edificacións das costas do parque.

Joaquín García Díez, acompañado polos concelleiros do seu grupo Cristina Ares e Jaime Castiñeira entregaban esta mañá no rexistro do Concello dúas iniciativas ligadas ao área de urbanismo.

O Grupo Popular aprema ao equipo de goberno a traballar duro este verán para axilizar a aprobación provisional do PXOM. Nese sentido Joaquín García Díez presentou unha petición para que se reúna "de inmediato" a comisión de achaiadura.

Esta reclamación "vén motivada polos prazos que están marcados por lei para a aprobación definitiva deste documento, un trámite que ten que estar listo, como máximo, a principios do mes de novembro, dado que a Xunta de Galicia ten un período de tres meses para informar este documento urbanístico".

García Díez subliñou que os pactos non son incompatibles co funcionamento dos órganos de goberno.

Costas do parque.-

Outro tema que preocupa aos populares é o das edificacións das costas do parque. Por iso é polo que esta mañá tamén rexistrasen unha moción instando ao goberno municipal a convocar o máis axiña posible aos portavoces dos distintos grupos municipais para buscar solucións que, sen prexudicar os lexítimos dereitos dos solicitantes da licenza, podan resolver a ordenación urbanística desa Unidade de Actuación de xeito favorable aos intereses xerais da cidade de Lugo

Registro de iniciativas

Oposición construtiva.-

Joaquín García Díez, anuncia "a nosa será unha oposición construtiva e activa, tenderemos a man ao Goberno Local naqueles temas relevantes para cidade pero tamén seremos firmes na defensa de asuntos que prexudiquen aos cidadáns como o caso do PXOM ou das edificacións das costas do parque".

O Partido Popular promete traballar con seriedade desde a oposición e sempre coa mirada posta no futuro.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo