| |
García Díez di que "mal empezan as cousas" se PSOE e BNG non se pon de acordo nin onde facer a foto do pacto |
12/06/2007 |
|
* "Os lucenses non merecen este espectáculo, merecen un goberno que resolva desde xa os seus problemas". |
Para Joaquín García Díez "mal empezan as cousas" se PSOE e BNG non se pon nin tan sequera de acordo onde se queren facer a fotografía do pacto. García Díez está convencido que se as respectivas direccións dos seus partidos désenlles liberdade a Orozco e Lage probablemente non habería pacto de goberno en Lugo "o de que están condenados a entenderse cobra forza con desencontros como o vivido esta mañá".
Á vista do ocorrido García Díez dubida que haxa acordo entre ambas as formacións antes do sábado, día no que está previsto que se conforme a nova corporación; o popular augura unha "negociación complicada" e recrimina a actitude de ambos os candidatos "os lucenses non merecen este espetáculo, merecen un goberno que resolva desde xa os seus problemas.
|
O popular espera que tanto Orozco como Lage saiban antepor os problemas da cidade por encima das discrepancias persoais que poidan ter os candidatos do PSOE e BNG "confio que non defrauden tanto aos que os votaron como tamén ao resto dos cidadáns".
Joaquín García Díez tamén se referiu á reunión que o candidato do PSOE dixo que ía celebrar co Partido Popular "de momento non pasou dun anuncio do candidato á reelección, ata agora non houbo ningún paso formal pola súa banda. Nós acudiremos no momento que se nos chame".
|
|
García Díez recorda que a postura do Partido Popular sempre foi coherente "como dixen desde un principio eu vou facilitar que goberne a lista máis votada. Inmediatamente logo de constituírse a nova corporación a miña preocupación e a do meu grupo será propor solucións aos problemas de Lugo e apoiar as que os demais fagan, sempre que beneficien á cidade. Isto é o que se supón esperan de nós os nosos veciños, e nós non lles defraudaremos.
|
| |
|
|