Ramón Carballo tiene como objetivo profesionalizar la gestión cultural para que Lugo tenga programación periódica de nivel y sea un referente turístico

By 12 mayo, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía de Lugo quiere recuperar la imagen de la banda municipal de música para que vuelva a salir a las calles en los días más señalados del año y recuperen sus conciertos periódicos, además de garantizar el futuro de la escuela municipal de música a través de la mejora de las instalaciones para dar cobertura a la demanda actual y futura

Ramón Carballo quere que Lugo sexa un referente no mundo da cultura e, deste xeito, atraer máis turistas á cidade todas as semanas. Para iso, o alcaldable popular ten como obxectivo profesionalizar a xestión cultural de Lugo, a través da creación dun Padroado de cultura, para “ofertar unha programación estable, desestacionalizada e de nivel con actividades e actos todas as fins de semana”.

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo quere conseguir que Lugo albergue todo tipo de actividades culturais xa que coa apertura do novo auditorio de Magoi “teremos entre mans unha verdadeira obra de arte para acoller calquer espectáculo”. Pese a iso, Ramón Carballo ten claro que a través da creación do Padroado de Cultura se creará unha axenda para todas as instalacións da cidade, como pode ser o auditorio Gustavo Freire, o MIHL ou o Vello Cárcere.

Por iso, o seguinte obxectivo marcado por Ramón Carballo é a elaboración e difusión dunha axenda cultural en coordinación con outras administracións e entidades culturais do municipio para evitar contraprogramacións ou o solapamento de actos.

Neste senso, o candidato popular quere determinar unha estratexia global para definir os usos dos edificios culturais (novo auditorio de Magoi, Vello Cárcere, Gustavo Freire, MIHL, biblioteca municipal Isidro Novo, a futura Biblioteca da Piringalla…), medida que camiña da man do apoio que Ramón Carballo quere ceder ás agrupacións de teatro locais. Para iso, abriremos canles de colaboración coas compañías lucenses para programar ciclos e dar uso a espazos baleiros de contidos como o anfiteatro do campus e auditorio Gustavo Freire.

 

Banda de música e Escola de música

O candidato popular tamén marca de xeito especial entre os seus obxectivos cando chegue a alcaldía garantir a continuidade da Escola de Música a través da mellora das instalacións para dar cobertura á demanda actual e futura e potenciar a banda municipal de música para recuperar o prestixio que tivo esta agrupación musical como referente galego. “A falta de xestión do goberno local se traduciu en que a banda de música case non ofreceu concertos durante os últimos catro anos pola incapacidade do equipo de goberno para nomear un director. Perdeuse ese costume de ter a banda tocando na cidade en días sinalados ou programar actuacións periódicas. Por iso é preciso darlle pulo para recuperar a súa imaxe e prestixio”, afirmou. Como exemplo, Carballo puxo que en toda a Semana Santa, festa declarada de Interese Turístico Galego, a banda de música non saíu nin un día á rúa.

Ramón Carballo tamén quere recuperar o cronista oficial de Lugo, unha figura “pouco coñecida” pero que ten a tarefa de “defender os valores culturais do municipio, promover a investigación ao redor deles, velar pola arte, o folclore, as tradicións ou a literatura do municipio”.

O alcaldable do Partido Popular tamén destaca a súa intención de elaborar un inventario de bens históricos, artísticos e culturais propiedade do Concello para poder “recuperar e restaurar a obra de artistas de renome, que son propiedade municipal, e sofren deterioro”.

Ramón Carballo quere levar a actividade cultural a todos os barrios e parroquias, polo que ten previsto tamén crear un servizo de bibliobús de novo concepto que, xunto aos libros tradicionais e os libros electrónicos, sexa a base para programar conferencias, proxeccións de cine e representacións teatrais.

Responder

18 + 1 =