Ramón Carballo rebajará impuestos y captará y bonificará a empresas y emprendedores para que se implanten en el municipio

By 22 mayo, 2019 Lugo en marcha

Dentro de las medidas del Lugo en marcha con el empleo y el emprendimiento se presenta un programa de captación de inversores para que se implanten empresas en Lugo ya que “nuestra prioridad es la creación de empleo de calidad y la protección de los puestos de trabajo que ya existen”

O candidato do Partido Popular de Lugo participou hoxe nun reparto, porta a porta, no Ceao. Ramón Carballo explicou aos traballadores e empresarios do polígono unha serie de medidas cuxo fin é sentar as bases para que emprendedores e empresarios poidan xerar emprego en Lugo xa que “a prioridade do Partido Popular é a creación de emprego de calidade e a protección dos postos de traballo que xa existen”.

Para Carballo “é necesaria unha campaña de promoción dos polígonos industriais para impulsar a economía e o emprego local e Plan de mantemento das zonas industriais para que sexan máis atractivas e cómodas para investir, traballar e comprar. Por iso é necesario un transporte público adecuado, mellorar a recollida de lixo, a sinalización e a seguridade (cámaras del Ceao sen conectar a día de hoxe) ….

Ramón Carballo ten claro que hai que acabar “coa excesiva burocracia e axilizar os trámites para facilitar a creación e a implantación de empresas” polo que un dos seus primeiros compromisos será “simplificar e axilizar todos os trámites administrativos que dependan do Concello creando unha única oficina que centralice ás xestións”.

“Se queremos que o talento dos nosos xóvenes quede en Lugo temos que prestar apoio decidido a empresas e a emprendedores, por iso,  levaremos a cabo un  Plan de incentivos fiscais dirixido á atracción de novas empresas xeradoras de emprego, con bonificacións para as licenzas de apertura, obras e no imposto de actividades económicas, así como a taxa de lixo” matizou o popular”.

Outras medidas dentro do modelo de cidade Lugo en marcha co emprego son a creación dun Rexistro Municipal de Empresas matizando que “implantaremos un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil para abrir a participación en contratos do Concello a todos os empresarios lucenses que o desexen”. O popular tamén explicou que implantará plans de apoio ao traballador autónomo e ás pymes, para favorecer a sostenibilidade dos negocios familiares.

Por último o Partido Popular tamén quere que os proveedores recuperen a confianza na institución municipal e se compromete a pagar en tempo e forma o servizos que presten.

Responder

trece − 1 =