Ramón Carballo propone una ORA gratuita ya que es la única alternativa al caos de aparcamiento generado por Lara Méndez

By 17 mayo, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía de Lugo quiere solucionar el problema de aparcamiento en las zonas más más conflictivas de Lugo en este campo (casco histórico, Milagrosa, Aguas Férreas, Fontiñas o San Roque…) con un sistema de rotación de vehículos gratuito, controlado directamente por el Ayuntamiento mediante un vehículo con un sistema de lectura de matrículas o bien con discos indicadores de hora de llegada

Ramón Carballo é consciente do grave problema de tráfico e aparcamento que hai en Lugo, un problema xerado por Lara Méndez nada máis chegar á alcaldía do Concello en 2015 e ao que non lle puxo solución, polo que “urxe tomar medidas inmediatas” para evitar que o malestar entre os veciños vaia en aumento.

Por iso, o alcaldable popular propón a creación dun sistema de rotación de vehículos gratuíto, controlado directamente polo Concello mediante un vehículo cun sistema de lectura de matrículas ou ben con discos indicadores de hora de chegada. Este sistema debe instalarse en zonas con dificultades de aparcamento (casco histórico, Milagrosa, Augas Férreas, Fontiñas ou San Roque…) co obxecto de dinamizar o comercio local permitindo estancias, segundo a zona de entre 30 min e 2 horas. Por suposto, os residentes nestas zonas terán unha acreditación mediante tarxetas.

Unha medida que se acompañará da retirada das máquinas da Ora da cidade, xa que o único que fan é “estorbar e xerar confusión entre os turistas que chegan a Lugo”.

Para mellorar a circulación do tráfico e o aparcamento hai que ampliar as dimensións das prazas dos aparcadoiros municipais de Santo Domingo,

Praza do Ferrol e Praza da Constitución, medida que irá da man da habilitación de novos aparcadoiros disuasorios en parcelas municipais. Naqueles puntos da cidade nos que o Concello non dispoña de parcelas propias e exista problemas de aparcamento, se  establecerán convenios con propietarios de parcelas para habilitar novos aparcamentos disuasorios a cambio de exencións ou bonificacións.

Para o alcaldable popular é imprescindible que estas zonas habilitadas para o aparcamento sexan “útiles e fiables” para non repetir “o esperpento do leirapárking ou lamapárking”, que o único que consegue “é crear problemas aos seus usuarios”.

Unha das medidas que máis pediron a Ramón Carballo os veciños da cidade, é reordenar o aparcamento na contorna da Praza de Augas Férreas. Por iso, o popular quere realizar un estudo do tráfico e a organización do contorno desta praza para implantar estacionamentos en batería e así aumentar o número de prazas dispoñibles.

Responder

15 + diez =