Ramón Carballo establecerá convenios con administraciones y compañías para mejorar la cobertura de telefonía móvil en el rural de Lugo

By 5 febrero, 2019 Lugo en marcha

El candidato a la alcaldía del PP presentó algunas de las medidas del Lugo en marcha con el rural manifestando que una de sus prioridades si llega a la alcaldía “será aprobar o 5% pendente do PXOM para favorecer o desenvolvemento urbanístico dos máis de 160 núcleos afectados por este bloqueo”.

Carballo acusou aos socialistas de “irresponsables” por permitir que terminen os catro anos de mandato sen aprobar o Plan Xeral completo. “É inexplicable que o goberno municipal non tome medidas, á espera de que veñan outros a resolverlle o seu problema” asegurando que “será o PP o que salve este trámite”. Ramón Carballo indicou que os de Lara Méndez “perderon un tempo valiosímo” lembrando que “o PXOM leva máis de 20 anos sen estar completo ao 100%. A realidade do rural mudou nestas últimas dúas décadas polo que xa haberá que ir pensando traballar nun novo documento que se adapte tanto as novas normativas como a nova realidade do municipio”.

Ramón Carballo foi moi contundente coa problemática “do fóra de cobertura de telefonía móbil” que teñen os veciños do Val do Mera. O alcaldable explicou que traballará para conseguir estes servizos básicos para toda esta zona “se falamos de fixar poboación e de aumentar as oportunidades dos lucenses do rural temos que esforzarnos para garantir este servizo aos veciños”. Nese senso, Ramón Carballo comprometeuse a acadar acordos con outras administracións para instalar unha antena que de servizo as nove parroquias do entorno do Mera. (San Xoán do Alto, Santa María Alta, Vilachá de Mera, Santa Eulalia de Bóveda, O Burgo, Poutomillos, Prógalo, San Pedro de Mera e Bacurín)

O alcaldable lamentou que é “en pleno século XXI non se pode entender que haxa lugares nos que os veciños teñan que saír da casa e andar varios metros para para poder facer unha chamada, ou que teñan problemas para conectarse a Internet para facer calquera consulta, realizar unha reserva ou calquera outra xestión. Ese é o día a día que nos atopamos en lugares como este do Burgo a 10 minutos de Lugo”. Carballo detallou que, na actualidade, unhas 19 parroquias das 54 do municipio teñen moi mala cobertura “estamos falando duns 2.500 cidadáns que sufren as consecuencias dos problemas cos móviles”, matizou.

O candidato popular tamén manifestou que “o concello debe liderar actuacións para atraer o turismo recuperando ou mellorando núcleos rurais como o do Burgo por onde discurre o Camiño Primitivo”. “Sería interesante potenciar pequenos negocios que ofertansen servizos aos miles de peregrinos que escollerán esta ruta que, sen dúbida, medrará co tirón do Xacobeo 2021”. Ramón Carballo lembrou que “ademáis dos recursos naturais hai que impulsar medidas que favorezan a proxección este itinerario xacobeo” e anunciou que se chega á alcadía “póra os medios necesarios para que o trazado por Lugo sexa un atractivo turístico de primeira”.

Por último o candidato popular dixo que hai que discriminar positivamente ao rural de Lugo lamentando o escaso grao de inversión dos socialistas nas parroquias do municipio. “Fronte a esta realidade nós comprometémonos a asignar os fondos necesarios para mellorar servizos das 54 parroquias do rural e, o máis importante, a materializar o compromiso económico”.

Responder

4 × cinco =