Lugo en marcha

Quero ser un alcalde de todos e dar participación aos lucenses para construír un Lugo de futuro

By 13 agosto, 2018noviembre 19th, 2018No Comments

O candidato á alcaldía do Partido Popular Ramón Carballo definiu hoxe a folla de ruta do próximo trimestre que estará marcada “polas accións de proximidade e polo traballo a pé de rúa”.

O alcaldable popular explicou que “se deseñou un calendario maratoniano para este trimestre co obxectivo de visitar as máis de 600 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio. Estas visitas complementaranse con encontros sectoriais que se desenvolverán todas as semanas coas entidades do tecido asociativo, social, empresarial, deportivo e turístico do municipio”. Ramón Carballo aposta por este tipo de accións na rúa nas que pode responder ás preguntas dos veciños sobre as cuestións que lles preocupan ofrecendo a visión do Partido Popular así como as solucións ás que se compromete se chega a alcaldía.

A campaña “para tomar o pulso da cidade do Café con Ramón Carballo” pivotará na presenza na rúa do candidato dando a oportunidade, a calquera veciño ou veciña que o desexe sen ningún requisito previo, a manter un encontro persoal con el.

“A forma de contactar é moi sinxela xa que durante as visitas aos barrios repartirermos tarxetas nas que os interesados deben deixar o seu teléfono ou mail e deste xeito se contactará con eles” indicaba o candidato.

O deseño desta campaña utiliza como reclamo unha taza de café co perímetro da muralla e cun texto no que se alude á muralla de Lugo unha muralla de dez portas non é unha muralla pechada, bloqueada nin paralizada. É unha muralla aberta aos desafíos do tempo”Ramón Carballo convida aos lucenses “a atoparnos nela, cun café por medio, para escoitarvos e escoitarnos co obxectivo de construír un Lugo á altura da súa grandeza”.

O popular reflexionaba sobre a necesidade de abrir á participación poñendo á muralla no centro do seu discurso “unha muralla con dez portas non é unha muralla pechada é unha muralla aberta ás ideas, ao talento, ao dinamismo” lamentando que pola nula xestión da alcaldesa teñamos unha “cidade bloqueada e paralizada”. No PP non queremos unha cidade pechada en si mesma que non se move e que non está á vangarda nin á altura do que se merece”.

Ramón Carballo puxo de manifesto que “eu quero ser un alcalde de todos e, nese senso, queremos dar participación e falar con todo o mundo” afirmou. “Queremos coñecer de primeira man, as  inquedanzas e suxestións dos cidadáns do municipio e as súas propostas formarán parte do programa que se está a esbozar”. “Queremos un programa 100% participativo porque o futuro de Lugo depende dos lucenses e queremos que todos teñan cabida nel.

“Todo este traballo permitirá enriquecer o programa electoral que xa estamos perfilando. Será un programa realista sen promesas improvisadas e imposibles” concluíu o candidato popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies