El PP consigue el compromiso de todo el pleno para mejorar el funcionamiento del punto limpio

By 27 septiembre, 2018 Infraestructuras, Proposiciones, Urbaser

El Grupo Municipal del PP consiguió el apoyo unánime en una iniciativa encaminada a mejorar el funcionamiento del punto limpio que afectan al refuerzo del cierre perimetral a ampliación del horario y la revisión de las cantidades que se pueden depositar en estas instalaciones”.

O punto limpo situado no Polígono do Ceao permite o depósito de residuos domésticos especiais e perigosos como son pilas, baterías, fluorescentes, botes de pintura, madeiras, electrodomésticos, aparellos electrónicos, roupa, etc. Estas instalacións de carácter permanente esixen un mantemento continuo e a utilización de medidas de protección que na actualidade non se están levando a cabo, xa que, entre outras deficencias podemos comprobar como o peche perimetral non cumpre co seu labor que non e outro que o de evitar que persoas alleas ao recinto poidan entrar con facilidade como acontece na actualidade, provocando con iso un problema de seguridade polos materiais que se atopan depositados, sendo necesario por tanto aumentar as medidas de seguridade e a vixilancia.

De igual forma, nos días de choiva no punto limpo prodúcense filtracións de auga en zonas onde hai colectores con materiais perigosos, provocando con iso que substancias contaminantes poidan chegar á rede de sumidoiros.En canto ao horario de atención ao público, entendemos que é necesario recuperar o horario de xornada continua para facilitar aos usuarios o depósito dos materiais para o seu posterior reciclado.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar ao equipo de goberno a:

Que adopte medidas para reforzar o peche perimetral do punto limpo e proceder ao peche axeitado do recinto de materiais perigosos para evitar a entrada da choiva, e que se estude a posibilidade de recuperar o horario de xornada continua, así como revisar o regulamento de uso

Responder

5 + 17 =