Proposicionestransparencia

El PP consigue la unanimidad del pleno en pro de la igualdad de género y el empoderamiento de todas las mujeres

By 27 febrero, 2020No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular consiguió la unanimidad del pleno en torno a una iniciativa para conseguir la igualdad de género y el empoderamiento de todas las mujeres y niñas.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable impulsa o compromiso da comunidade internacional a través do Obxectivo 5 para o logro da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas.

A igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sustentable.

A nosa sociedade segue tendo que facer fronte a retos fundamentais para alcanzar a igualdade real e efectiva. No noso país, a pesar da igualdade recoñecida na Constitución e no noso ordenamento xurídico, e dos significativos progresos feitos nos últimos anos, a desigualdade entre mulleres e homes persiste.

Dúas das metas que se recollen no Obxectivo 5 da Axenda 2030 son:
• POLÍTICAS E LEIS PARA A IGUALDADE E O EMPODERAMENTO: Aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables para promover a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e as nenas a todos os niveis.
• USO DE TECNOLOXÍA E ACCESO A TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: Mellorar o uso da tecnoloxía instrumental, en particular a tecnoloxía da información e as comunicacións, para promover o empoderamento da muller.

Algúns dos datos a nivel estatal:
– O 58% do paro rexistrado en España corresponde ás mulleres;
– Adiferenza salarial media entre home e mulleres en España é de 5.941 €;
– En España, o 75% das persoas con traballo a tempo parcial son mulleres;
– As mulleres en España destinan máis do dobre do tempo que os homes a tarefas vinculadas cofogar e a familia;
– Tan só un 28% das mulleres españolas realizan unha carreira tecnolóxica e un 7% enxeñerías.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Lugo, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

1. Instar aoGoberno do Estado a:
• Aprobar o novo Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2019-2022, que será tamén un instrumento para dar cumprimento á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
• Promover un Plan contra a brecha salarial en España e, impulsar a efectividade do principio de igualdade de remuneración por razón de sexo.
• Impulsar un Pacto Nacional para a Conciliación Laboral e a Racionalización de Horarios, para favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
• Desenvolver unha Estratexia Nacional para impulsar as vocacións STEM entre as alumnas, que inclúa entre outros aspectos: impulso ás materias STEM na educación e programas de formación do profesorado para a mellora na aprendizaxe das materias STEM
• Posta en marcha de iniciativas para a formación de mulleres en habilidades STEM na contorna rural, mellorando a súa formación no ámbito dixital, acceso ás novas tecnoloxías e uso das redes sociais.

2. Instar ao Goberno da Xunta de Galicia a:
• Dentro das competencias da Comunidad Autónoma de Galicia levar a cabo as accións necesarias para conseguir como obxectivo fundamental a igualdade retributiva das mulleres en todos os ámbitos (tecnolóxico, cultural, deportivo, etc…).
• Elaborar un Programa para o fomento das vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, inxeniería e matemáticas) entre as nenas e mozas para pechar a fenda de xénero nestes estudos e incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia.
• Fomentar e incrementar os programas de alfabetización dixital das mulleres maiores e especialmente aquelas que vivan no medio rural, co obxecto de mellorar o manexo e as súas habilidades no uso das novas tecnoloxías.

3. Instar ao concello de Lugo a levar a cabo accións para poñer en valor e dar a coñecer ás mulleres referentes galegas que son líderes nos seus respectivos sectores para que rapazas e rapaces teña nreferentes femininos, como por ejemplo na ciencia e na tecnoloxía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies