Servicios sociales

El PP recrimina el recorte en prestaciones de conciliación familiar y desigualdades en la oferta de Aulas Abiertas

By 17 enero, 2018No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular pide explicaciones a la alcaldesa de los motivos por los que esta Navidad se suprimieron, en los centros sociales Uxio Novoneyra y Fingoi, el programa Aulas Abertas de apoyo a las familias

O Grupo Municipal do Partido Popular pide explicacións aos socialistas dos motivos polos que este Nadal se anulou o programa de conciliación familiar Aulas Abertas. A concelleira popular Mari Teijeiro explicou que “a decisión de suprimir este servizo nos centros de Fingoi e Uxío Novoneyra é unha proba máis do desinterese do goberno local en apoiar ás familias lucenses”.

A popular explicou que non é a primeira vez que desaparece “sen máis esta prestación do calendario” lembrando como no verán de 2016, malia ás queixas dos usuarios se deixou sen esta prestación aos veciños do entorno do María Balteira. Teijeiro explicou que naquela ocasión se presentaron queixas de usuarios nas que plasmaban a súa “sorpresa por anular as Aulas Abertas cando todos os anos quedaban nenos sen praza”.

“É inadmisible que en vez de tender a ampliar e mellorar as políticas de conciliación laboral e familiar, dende o Concello, se limiten e reduzan servizos” reflexionaba a edil do PP. “Non nos vale a disculpa de que non hai demanda cando na publicidade da programación deste Nadal non figuraba nin tan sequera a oferta” matizou.

A popular tamén anunciou que preguntará sobre os criterios nos que se basea o equipo de goberno para determinar os horarios e idades de admisión dos usuarios dos servizos da rede de centros sociais de Lugo.  “Neste momento hai unha clara desigualdade, en canto a horarios e servizos que se prestan nos distintos centros sociais de Lugo, coa que clasifican as familias, segundo o barrio no que vivan, de primeira e de segunda”. A popular refírese a que hai centros onde admiten nenos e nenas de tres anos e outros non; ou as diferencias de ata 2 horas diarias na prestación do servizo segundo a dependencia municpal da que se trate”.

Á vista dos cambios rexistrados nas Aulas Abertas os populares tamén queren coñecer cal é a previsión que teñen para este 2018 para evitar sorpresas de última hora como ocorreu, este Nadal, coa eliminación das Aulas Abertas dos centros de  Novoneyra e Fingoi.

“Se todo o mundo está de acordo en que hai que conciliar a vida laboral e familiar debería ser máis consecuente e que non quede nun mero propósito ou en boas palabras”, resumiu Teijeiro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies