Economíatransparencia

El PP presenta una denuncia penal contra la alcaldesa y concejales socialistas de Lugo por presuntas irregularidades en los contratos

By 19 septiembre, 2018No Comments

El portavoz popular Antonio Ameijide acompañado por concejales del Grupo Municipal Popular desveló que, esta mañana, registraron una denuncia para poner en conocimiento del juzgado la situación de los más de veinte de contratos caducados que tiene el Concello asegurando que dieron este paso por responsabilidad “después de agotar todas las vías administrativas y políticas que teníamos a nuestro alcance” durante estos más de tres años

Os populares de Lugo puxeron en coñecemento esta mañá no xulgado unha denuncia para que se investigue os indicios dunha posible prevaricación, xa sexa por acción ou omisión, e mesmo unha posible malversación de fondos públicos por parte da alcaldesa e varios dos seus concelleiros con respecto á contratación pública que se realiza no Concello.

O voceiro popular Antonio Ameijide lembrou que, neste momento, hai máis dunha vintena de contratos caducados polos que se pagaron no ano 2017 máis de 20.5M€ e, no que vai de ano, xa se pagaron uns 13M€ entre os reparos levantados pola alcaldesa e os recoñecementos extraxudiciais de crédito que os socialistas levaron ao pleno, destacando casos de empresas que  prestan servizo sen contrato dende hai máis de oito anos. “A alcaldesa, de acordo con informes do servizo de contratación, herdou 6 grandes contratos caducados, deixou caducar 11 grandes contratos e mantén outros 6 nunha situación irregular”.

O voceiro popular, que deu a coñecer esta nova en rolda de prensa acompañado por varios edis da formación política, explicou que presentar esta denuncia “foi unha decisión dura, a única posible e é a última que nos quedaba, diante dunha alcaldesa que amosa un total desprezo cara ao procedemento de contratación e que se cre impune á lei”.

Ameijide aseguraba que esta é tamén unha decisión responsable “o PP ten a responsabilidade de defender os dereitos dos lucenses e fiscalizar as accións do goberno eso é o que fixemos con esta denuncia”.

Ameijide advertiu que os socialistas non poden alegar descoñecemento xa que “a alcaldesa tivo infinitas oportunidades para mudar de actitude e cambiar, nos últimos tres anos, a situación dos contratos irregulares” indicando que Lara Méndez “leva anos facendo oídos xordos ás advertencias dos funcionarios e ás da oposición”.

“Esgotamos todas as vías administrativas e políticas que tíñamos ao noso alcance” resumía o popular. Ameijide lembrou que se levaron preguntas e rogos a comisións, proposicións a plenos para urxir a necesidade de licitar os contratos caducados. Tamén lembraba como “hai uns meses dixémoslle que daríamos un paso máis senón reaccionaban e aquí estamos hoxe por culpa da terquedad e do bloqueo deste goberno socialista de Lugo”. “Advertimos, publicamente e en privado, aos membros do goberno, pero Lara Méndez e os seus concelleiros tomaron a decisión de seguir ao marxe da lei pagando millóns de euros de todos os lucenses cada ano a empresas sen contrato”, afirmou Ameijide.

Por último, o voceiro popular explicou que se adoptou a decisión de presentar denuncia logo de consultar e valorar con distintos asesores xurídicos e con todas as instancias do Partido Popular, tanto a nivel local, como provincial e autonómico, as repercusións negativas destes contratos irregulares, “chegando todos á mesma conclusión: Lugo non pode seguir así” e, unha vez esgotada a vía administrativa, “só queda a vía xudicial para facer reaccionar a este equipo de goberno”.

Neste mesmo sentido os populares sinalaron que “lonxe de considerarse os feitos denunciados como un caso illado, na documentación que se aportou no xulgado, se confirma que é unha práctica habitual por parte do goberno socialista”. “Os socialistas saltánse á torera o procedemento de contratación, é unha situación inaudita que cada vez vai a máis. Cada mes, cada semana levantan reparos de legalidade. Isto non pode seguir así”  concluíu Ameijide.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies