AccesibilidadTráfico

El PP pide a la alcaldesa que firme la retirada de una treintena de vehículos abandonados

By 22 octubre, 2017octubre 23rd, 2017No Comments

El viceportavoz del Grupo Municipal del PP Enrique Rozas explicó que “la Policía Local no puede sacar de la calle los vehículos que llevan más de dos meses estacionados en una misma plaza hasta que Lara Méndez firme los decretos para iniciar esta operación”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou que Lara Méndez “frena” a retirada de vehículos abandonados das rúas de Lugo xa que “non da cumprimento nin aos decretos que ela mesma asina” o que redunda no “sin sentido” no que se converteu o Concello baixo o mandato dos socialistas.

Enrique Rozas explicou que segundo a normativa vixente, cando un vehículos se atopa estacionado no mesmo lugar durante un período de dous meses, éste pode ser considerado como vehículo abandonado e, polo tanto, como un residuo sólido urbano, polo que dende o Concello notifican ao titular do vehículo que ten un prazo de dous días, dende a recepción da notificación, para proceder a súa retirada, xa que, do contrario, “procederase a súa retirada por persoal do Concello a instalacións municipais, sendo da súa conta os gastos, danos e perdas que se ocasionen, para o seu tratamento como residuo sólido urbán”.

Neste senso, o popular explicou que “non se pode permitir que habendo decretos asinados dende marzo” os vehículos sigan na rúa, ocupando prazas de aparcamento, sobre todo “co problema de mobilidade” que hai en moitas zonas da cidade, e co risco de contaminación existente, xa que os coches están “á merced da climatoloxía” polo que poden sufrir danos e xerar problemas de contaminación.

Por iso, Rozas pide ao goberno local “maior axilidade” na retirada dos vehículos abandonados na rúa para “evitar calquer risco medioambiental e non ocupar prazas de aparcamento”, xa que tras asinar o decreto de retirada dos vehículos da vía pública “os axentes da Policía Local cumpren eficazmente coa súa función”. No que vai de ano, a alcaldesa asinou nove decretos de retirada de coches das rúas de Lugo, nove coches que, despois das comprobacións realizadas polos populares, “xa foron retirados das rúas”.

O vicevoceiro popular tamén explicou que unha vez retirados da rúa, os vehículos deposítanse en dependencias municipais. Na actualidade, no depósito municipal hai 56 vehículos que foron retirados da rúa. Unha vez están no depósito, notifícase aos propietarios a nova ubicación dos seus vehículos para que, no prazo dun mes, procedan a súa retirada, previo aboamento dos gastos aos que houbera lugar, xa que trasncorrido o prazo procederase ao traslado dos vehículos como residuo sólido urbano e a conseguinte poxa dos mesmos ou a sustitución das destrucción pola adxudicación do vehículo aos servizos de vixiancia e control do tráfico.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies