El PP pide a la alcaldesa que aclare su postura sobre la comarcalización del parque de bomberos

By 27 marzo, 2018 Seguridad, Sin categoría

Antonio Ameijide afirma que “ciudades como Santiago y Orense ya iniciaron los trámites para implantar este sistema” indicando que con la comarcalización se “cubrirían en 20 minutos las emergencias  de los siete concellos de la comarca”.

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide lamenta “o silencio da alcaldesa así como da Deputación” diante da proposta formal que lles presentou a Xunta, o pasado mes de xaneiro, para comarcalizar o parque de bombeiros do Concello de Lugo.

“No caso de Lugo a implantación deste servizo de emerxencias que dará cobertura a  a sete concellos limítrofes que son Castro de Rei, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e Begonte suporá custe cero para as arcas municipais” aclarou o popular. Ameijide explicaba que o gasto necesario para o reforzo de persoal e a mellora de dotacións o asumirá a partes iguais Deputación e Xunta.

Nese senso os populares lamentan “o desinterese e a parálise de Lara Méndez” que é coñecedora desta proposta, dende o pasado mes de decembro,  cando houbo un acordo entre Xunta, Federación Galega de Municipios e Provincias, e as deputacións da Coruña, Lugo e Ourense para avanzar na comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades.

De feito Ourense e Santiago xa se pronunciaron sobre este sistema de resposta de emerxencias e “veñen de asinar os convenios previos para sentar as bases do novo deseño deste servizo que ten por obxecto acurtar os tempos de resposta na xestión das emerxencias nos concellos limítrofes coas capitais galegas a un máximo de 20 minutos”.

Para os populares sería interesante estudar a vía da comarcalización xa que “neste momento os bombeiros de Lugo, por solidariedade e por xenerosidade, xa realizan con frecuencia saídas fóra do concello cando hai emerxencias” polo que “de firmar o acordo regularizaríase esta situación”.

Ameijide puntualizaba que a proposta de comarcalización para Lugo suporía atender a unhas 123.000 persoas, percorrendo unha distancia media de intervención vai dos nove quilómetros de Outeiro de Rei aos 32 quilómetros de distancia de Castro de Rei nun radio de acción de 20 minutos e asumindo todos os novos gastos de xestión Xunta e Deputación. Para levar a cabo esta nova zona de cobertura habería que mellorar os medios e ampliar a plantilla xa que “os 39 efectivos e mailo sarxento que hai, na actualidade, no parque de bombeiros de Lugo serían insuficientes”.

O goberno galego xa ten consignados 1,7 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para acometer o reforzo tanto de persoal como de dotación.

Responder

trece − cinco =