Cultura

El PP no entiende que Méndez permita que no se celebraran los conciertos de verano de la banda municipal

By 19 agosto, 2018agosto 20th, 2018No Comments

La concejala del Grupo Municipal del PP Encarna Amigo lamenta la ausencia de los conciertos de verano de la banda municipal, una ausencia que se nota también en eventos como la procesión de San Roque o en la ofrenda a la Virgen de los Ojos Grandes

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo, lamenta “a tristura” que se vive este verán nas rúas da cidade ao quedar sen os concertos de verán que os membros da banda municipal acostumaban a ofrecer durante os últimos anos.

Encarna Amigo non entende que Lara Méndez permita que este verán non se celebren os concertos da banda municipal aos que se engaden a ausencia da banda municipal na procesión de San Roque ou na ofrenda á Virxe dos Ollos Grandes.

A concelleira popular lamenta esta situación xusto no ano no que a iniciativa privada realizou o maior esforzo para coidar e atraer o turismo á cidade e potenciar e consolidar a Lugo como un referente no sector turístico nacional.

Por iso, a concelleira popular explicou que presentarán preguntas en comisión para coñecer os motivos de cancelar os concertos de verán deste ano da banda municipal e tamén para coñecer en que situación se atopa o proceso para nomear ao novo director da banda municipal e contratar aos reforzos necesarios para a banda, xa que “moito nos tememos desde o Grupo Popular que a intención dos socialistas e privatizar a banda municipal”.

Encarna Amigo lamenta que se permitan situacións coma estas, sobre todo tendo en conta que falamos dunha banda que ten máis de cento corenta anos de historia e que no resto de grandes cidades galegas contan cun programa de concertos das súas bandas municipais durante os meses de verán.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies