El PP lamenta que la parálisis de los socialistas provoque que la falta de avances en las obas aprobadas en junio

By 29 septiembre, 2017 Infraestructuras, O Garañón, Otros

El portavoz del Grupo Municipal del PP, Antonio Ameijide, mostró su preocupación ya que “desde mayo no se avanzó absolutamente nada” en la comisión del Garañón por lo que la situación está enquistada en el mismo punto que hace varios meses

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou esta mañá “a pouca preocupación” que os socialistas teñen polos lucenses e pola cidade, despois de que no pleno de onte e na xunta de voceiros e na comisión do Garañón de hoxe se desmostrase este extremo. Segundo explicou o popular a alcaldesa “vai en contra” dos intereses dos cidadáns, ao votar en contra da creación dunha mesa de traballo entre administracións para recuperar o barrio da Tinería e ao non “executar nin impulsar investimentos” moi necesarios para mellorar a cidade e solucionar moitos problemas aos lucenses.

Ameijide asegurou que no pleno de onte “a alcaldesa decidíu seguir un rumbo diferente ao dos cidadáns ao votar en contra da creación da mesa de traballo para recuperar A Tinería”. Ademais, o voceiro popular non ocultou a súa sopresa ao ver como Méndez “mentíu e votou en contra do barrio diante do pleno e dos propios veciños e empresarios da Tinería”, que estaban presentes no pleno.

Esta mañá, na xunta de voceiros, Antonio Ameijide puido comprobar como a “xenerosidade” que tivo o Partido Popular co goberno socialista non se ten en conta, xa que o goberno de Lara Méndez “case non realizou avances” nos investimentos previstos grazas a modificación orzamentaria aprobada hai unhas semanas. “Dende o Partido Popular amosamos a nosa xenerosidade ao permitir esa modificación orzamentaria, pero os socialistas non solucionan os tapóns urbanísticos, non desbloquean a situación de Quiroga Ballesteros e o que pode ser peor, a súa inactividade pode custarlle a este Concello centos de miles de euros xa que está a piques de perderse unha subvención do Goberno central para instalacións de biomasa do parque da Milagrosa, algo para o que o Concello tiña reservados máis de 200.000 euros”, explicou o popular.

Pero ademais, na comisión do Garañón os populares comprobaron que dende o mes de maio “non houbo avances”. Na xuntanza desta mañá, os representantes do Grupo Municipal do Partido Popular comprobaron como se está case na mesma situación de hai cinco meses e o que é peor, “dende o goberno non facilitaron ningún tipo de documentación para esta reunión, na que non houbo ningún tipo de avances”.

Responder

uno × cuatro =