El PP denuncia que el carril bici de Méndez “es un parche” que suprime 523 plazas de aparcamiento

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide denuncia que con el modelo de carriles bici propuesto por Lara Méndez la ciudad perderá más de 500 plazas de aparcamiento por lo que empeorará la movilidad en Lugo, por lo que exigió “trabajo y la búsqueda de alternativas a la supresión de estacionamientos” a los socialistas para paliar los problemas que hay en la ciudad

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou hoxe que Lara Méndez presentara o proxecto do carril bici de Lugo como “un parche”, xa que non resolveu ningún dos problemas que ten Lugo e que “urxe solucionar”. Ameijide refírese aos problemas de mobilidade que hai en Lugo, xa que a alcaldesa aínda non renovou o modelo de transporte urbano nin solucionou os problemas de aparcamento que hai na cidade, de feito a proposta de hoxe “agravaos”.

O voceiro popular aplaude o proxecto do carril bici para Lugo e os lucenses, pero “sempre e cando sexa un proxecto serio e ben pensado”. O popular di isto porque o proxecto socialista que se presentou hoxe “non ten sentido algún”.

Antonio Ameijide recorda que dende o Grupo Popular sempre defendemos a existencia de carrís bici na cidade, algo para o que en setembro de 2013 pedimos a creación dun plan integral para potenciar o uso da bicicleta e, en setembro de 2015, presentamos unha proposta para impulsar o uso da bicicleta. “Dende o Grupo Popular queremos que a bicicleta sexa unha realidade para Lugo e para iso non vale medias tintas. Non podemos defender que se creen vías para bicicletas que non teñen conexión entre si e que esquecen zonas da cidade”, explicou o popular.

Ademais, o voceiro popular tamén denunciou que Lara Méndez non so non resolveu problemas graves en Lugo, senón que os “agravará” xa que coa creación do carril bici se eliminarán na cidade máis de 500 prazas de aparcamento. Ameijide explica que no proxecto presentado polos socialistas se especifica que se perderán 2.354,5 metros lineais de prazas de estacionamento, o que supón “a desaparición” de 523 prazas de aparcamento.

 

 

TREITO RÚAS METROS PRAZAS
Frai Plácido Rei Lemos – Parque 32.5 7
Mar Cantábrico – Ronda Río Navia 65 14
Garaballa de Abaixo – Avenida das Américas Rúa Ameneiro 63 14
Rúa da Saúde 288 64
Rúa Orquídea 87.5 19
Fábrica da Luz – Zona histórica Rúa Xermán Alonso 104 23
Avenida Marqués de Ombreiro 639.5 142
Már Cantábrico – Avenida de Madrid Ronda do Carme 49 + 25 (carga e descarga) 16
Rúa Azalea 55 12
Rúa Portugal 221 49
Rúa López Guntín 195 43
Rúa Dona Urraca 90 20
Fonte dos Ranchos 36 8
Praza Avilés 45 10
Ponte Romana – Zona histórica Rúa García Portela 140 31
Paseo do Miño 5 1
Río Ulla Río Ulla 9 2
Residencia 496 110

 

Antonio Ameijide pon de relieve a perda de prazas de estacionamento que se producirá en varios barrios da cidade, como pode ser A Residencia, onde se perderán 219 prazas para aparcar, unha zona na que “son e serán moi necesarias” xa que alí se abrirá un centro de saúde, un PAC e unha residencia para persoas da terceira idade, ademais de que xa están en funcionamento as consultas de psiquiatría.

O voceiro popular ademais non comprende como os socialistas “so fan política para uns poucos” xa que o plan de carrís bici que presentaron hoxe só da cobertura ao 20% da cidade e “esquece totalmente” o campus, os centros de formación profesional e os centros educativos, todos eles puntos nos que a cidadanía demanda “itinerarios seguros” en bicicleta.

Responder

13 − nueve =