InfraestructurasTráficoUrbanismo

El PP corrige de nuevo a los socialistas y entrega la documentación que demuestra que el tramo sin asfaltar de la Rúa Mestre Méndez “es público”

By 15 junio, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que “una vez más corregimos” al gobierno de Lara Méndez, al igual que “hicimos” con la ubicación de la playa fluvial, al entregar al servicio municipal de ingeniería la documentación, firmada ante notario, que acredita que el tramo de la rúa Mestre Méndez que los socialistas dejaron sin asfaltar “es público” por lo que “instamos” a que rectifiquen este error y asfalten el tramo que dejaron sin hacer

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, explica que “unha vez máis nos vemos na obriga de corrixir” ao goberno de Lara Méndez ao entregar no servizo municipal de enxeñería a documentación que acredita que o treito que deixaron sen asfaltar da rúa Mestre Méndez “é pública” a pesar de que os socialistas aseguran que é privado.

Antonio Ameijide achegou ao servizo municipal de enxeñería documentos asinados ante notario que “acreditan” que o treito que non se asfaltou da rúa Mestre Méndez “é público”. Segundo a documentación presentada polo voceiro popular “con zona de la finca matriz de donde la misma se segrega, doce metros de ancho, con destino a servicio de todas las parcelas que de la finca matriz, de donde proceden, se formen, HOY VÍA PÚBLICA”.

Segundo o popular hai outras actuacións que deixan constancia de que a vía é pública, como son as concesións de diferentes licenzas dende o ano 1991. Ameijide explica que na xunta de goberno do 19 de novembro do ano 1991 se aprobou unha licenza de obra, que se expediu o 2 de decembro do mesmo ano, para este treito de rúa. Tamén se concedeu un certificado final de dirección de obra, expedido o 17 de febreiro do ano 2006, e unha licenza de primeira utilización o 29 de maio do mesmo ano.

Ante estes argumentos, Antonio Ameijide non entende o xeito de actuar do goberno socialista de Lugo, dando “as costas” aos veciños e “sen cumprir” coas súas obrigas. Ademais, o voceiro popular lamenta “a nula actuación e falta total de palabra” do equipo de goberno, xa que, recorda o popular, que hai un mes que “fixemos pública esta denuncia” polo que “presentamos” un rogo en comisión para advertir da situación ao equipo de goberno, comisión na que o concelleiro de infraestruturas asegurou que “revisaría” a situación pero, á vista dos acontecementos, “se demostra que non fixo nada”.

Ameijide recorda que nas vivendas afectadas “hai familias con nenos pequenos e persoas maiores” que notan o desgaste producido nos últimos anos no asfalto e, agora, “os socialistas non poden desentenderse destes cidadáns cando antes lles deron servizos públicos”. Ademais, o voceiro popular engade que “o custe de pavimentar o treito que queda sen asfaltar é totalmente asumible”.

Segundo o popular, Lara Méndez segue a demostrar un descoñecemento absoluto da cidade e que toma as decisións por impulsos porque do contrario “é inexplicable” que non asfalten un treito de rúa no que os veciños teñen “todos os servizos municipais” (alumeado público, saneamento e abastecemento).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies