SeguridadServicios socialesSin categoría

El PP contacta con todas las asociaciones de la ciudad para conocer sus necesidades

By 30 octubre, 2017No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que se enviaron más de 500 cartas a todas las asociaciones del municipio para expresar “nuestra admiración” por el trabajo que desarrollan y conocer de primera mano “sus reivindicaciones”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, informou que dende o seu grupo se enviaron máis de 500 cartas a todas as asociacións da cidade para coñecer “de primeira man as necesidades máis inmediatas, así como calquer outro asunto” que dende estas organizacións consideren oportuno poñer no “noso coñecemento”.

Na misiva enviada ás asociacións, Antonio Ameijide transmite “a admiración polo traballo que desenvolven, esforzo e implicación diaria na dinamización da sociedade lucense”. Ademais, o voceiro popular explica que “no Grupo Municipal do PP estaremos encantados de escoitar e tratar calquer suxerencia ou dúbida sobre cuestións do eido municipal” que dende o tecido asociativo queren trasladar ademais de “poñernos a súa disposición para que saiban que no Partido Popular sempre atenderemos as súas suxestións”.

Ameijide tamén di que “convida aos membros das asociacións a concertar xuntanzas para tratar en profundidade” todos os temas que preocupen aos membros destas entidades. A través de estos encontros os populares queren afondar en propostas para mellorar a imaxe do municipio de Lugo así como posibles programas para a potenciación do emprego en Lugo, fomentar os investimentos privados e públicos na cidade; mellorar as condicións de vida dos lucenses e potenciar a cidade como destino turístico de primeiro nivel.

O popular destacou que esta iniciativa complementa outras xa iniciadas dende o Grupo Municipal do Partido Popular, como as visitas ás dependencias municipais e os encontros cos veciños dentro das visitas de barrio nas que se percorrerá as máis de 650 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio. “Os veciños queren que os políticos non sexamos o problema senón a solución por iso dende o Grupo Popular reforzamos a nosa presenza na rúa para facernos eco de propostas veciñais, como xa quedou patente en diferentes propostas impulsadas dende o noso Grupo como a creación dunha rotonda na rúa Santo Grial para solventar os problemas de tráfico ou a creación dun aparcadoiro no barrio da Ponte para atallar os problemas de mobilidade na zona, entre moitas outras”, explica.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies