El PP evaluará el estado del Concello a través de la campaña #LugoaExame en las Redes

By 27 febrero, 2018 #LugoaExame, Zona Rural

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López será el encargado de abrir la campaña #LugoaExame en las Redes Sociales con un vídeo en el que denuncia el “lamentable” estado en el que se encuentran algunas de las pistas de la zona rural

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acompañado polo concelleiro popular, Manuel López, presentaron a campaña #LugoaExame coa que dende o Grupo Popular “queremos amosar o estado real de Lugo”, unha cidade “abandonada” polos socialistas.

Con esta campaña “pasaremos revista” a todos os eidos da cidade. “Achegarémonos á zona rural, ás pistas deportivas, ás rúas…a calquer recuncho abandonado e esquecido polos socialistas”, asegurou Antonio Ameijide.

Os populares decidiron poñer en marcha a campaña #LugoaExame a través das Redes Sociais para poder chegar a todos os lucenses. “Sabemos o impacto que teñen as redes e o lonxe que poden chegar as mensaxes a través delas e queremos aproveitar ese impacto para deixar patente, unha vez máis, a pasividade de Lara Méndez”, afirmou Ameijide, que tamén explicou que unha vez se poña en marcha a campaña, os populares distribuirán semanalmente un vídeo-denuncia a través dos seus perfiles nas redes sociais (Facebook: @Grupo PP Concello de Lugo, Twitter: @PPConcelloLugo). A publicación do vídeo se realizará nunha data fixa, todos os martes pola mañá, para facilitar o seguemento da campaña. Ademais todos os vídeos se publicarán baixo o cancelo #LugoaExame, puidendo acompañarse doutra etiqueta en función da temática a tratar.

Os populares tamén se amosan abertos a recibir todas as queixas e propostas que os lucenses “nos desexen remitir” xa sexa a través das propias redes sociais ou, dun xeito tradicional, na oficina do Grupo Municipal Popular. “O noso obxectivo é denunciar o mal estado no que se atopa Lugo e todo aquelo que o PSOE se comprometeu a facer e a día de hoxe segue sen ser unha realidade”, explicou o voceiro popular, que asegurou que “daremos voz a todos esos problemas que os veciños denuncian e os socialistas se negan a escoitar”.

 

Vídeo de apertura da campaña

O concelleiro Manuel López será o encargado de abrir esta campaña nas Redes Sociais cunha denuncia do “lamentable estado” no que se atopan as pistas que unen as parroquias da zona rural. “É imposible condensar nun vídeo duns 30 segundos todas as pistas que precisan dunha actuación urxente, polo que comezamos cun punto en concreto, sen esquecernos das pistas do resto de parroquias, moitas delas intransitables con turismos e polas que só se pode pasar con todoterreos ou tractores”, afirmou Manuel López.

Manuel López asegura que na zona rural hai numerosas queixas veciñais que van máis aló do saneamento e o abastecemento de agua potable, dúas actuacións “primordiais”, e de competencia municipal, pero ás que é preciso acompañar “dunha campaña de bacehado, roza de pistas ou arranxo de iluminación, entre outras actuacións”.

Responder

diecisiete − 9 =