CulturaTurismo

El PP asegura que el San Froilán llegó al aprobado gracias al buen tiempo y a los lucenses, a pesar del gobierno socialista

By 15 octubre, 2018No Comments

El Grupo Municipal del Partido Popular critica la total “ dejaded y pasotismo” de los socialistas en todo lo que tiene que ver con las celebraciones de San Froilán, lo que propició un descenso de público en el recinto ferial, y que tuvo su máximo exponente con la “nefasta” imagen que se transmitió ante la “incapacidad de gestión” de la alcaldesa y “su falta de reflejos” ante lo corte de agua que afectó durante tres días a los stands

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamentou a falta de “innovacións” do goberno socialista de Lugo dentro da programación do San Froilán, unhas celebracións que este ano “non foron un fracaso” grazas a que a meteoroloxía acompañou durante os días festivos.

Os concelleiros do Grupo Popular non entenden “a deixadez e o pasotismo” socialista en todo o referente ao San Froilán, unhas celebracións que nos últimos anos caeron notablemente e que este ano transmitiron “unha imaxe nefasta” tralo acontecido coas casetas do polbo, o que se engade ao descenso no público que este ano se congregou no recinto feiral.

Para os populares, os socialistas “deixan sen rumbo” a un dos grandes reclamos das patronais, como son as casetas. Hai varios anos contábamos con cinco casetas e, este ano, “non quedamos só con tres grazas á intervención de última hora dun hostaleiro”. Se a isto se lle engade “a incapacidade de xestión da alcaldesa” o que propiciou que a imaxe de Lugo quede en evidencia pola incompetencia dos socialistas que “por mor da súa falta de reflexos deixan en ridículo e danan a imaxe dun dos principais reclamos do San Froilán” xa que o corte de auga afecta a un dos puntos clave e dos escaparates das patronais.

Para o Grupo Popular a despreocupación do goberno socialista co San Froilán é un “despropósito” xa que á “pobre” programación deste ano e aos problemas coas casetas, hai que engadir a “total despreocupación” co aseo urbano, xa que son numerosas as queixas dos veciños do casco histórico lamentando que as rúas se convertan en “aseos públicos” e non hai a “mínima dilixencia” para limpar as rúas a primeira hora da mañá para evitar a mala imaxe e os cheiros que teñen que sufrir os veciños.

Outra das queixas da cidadanía reside na “nula publicidade” dos aparcadoiros disuasorios que este ano “brillaron” pola súa ausencia, xa que de contar con eles “poderíase librar o centro da cidade” de vehículos, se esta iniciativa se acompañase cunha adecuada frecuencia de paso de autobuses urbanos.

Os populares lamentan que vivimos o primeiro San Froilán, en décadas, no que a banda municipal de música non participou nas patronais, o que evidencia que a xestión de Lara Méndez na banda foi como o “paso dun furacán”, xa que sementou o caos e a desorganización e culminou o seu desmantelamento.

Ademais, a “pouca e tardía” difusión que o goberno de Lara Méndez realizou do San Froilán noutras provincias vén a confirmar a “mínima” sensibilidade que teñen coas patronais, ás que lles poñen constantes trabas e condenan ano tras ano a “depender” da climatoloxía e do esforzo dos veciños, comerciantes e hostaleiros lucenses para acadar uns resultados minimamente satisfactorios.

Para o Grupo Popular o “vandalismo” foi outro dos puntos negros do San Froilán, xa que foron varios os días nos que cidadáns se subiron á fonte de San Vicente, entre outros actos vandálicos, sen que se puxera “freo” a estas actuacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies