Economía

El PP alerta que en el 60% de los contratos menores aprobados por Lara Méndez, en 2017, solo se pidió una oferta

By 16 enero, 2018No Comments

El portavoz popular Antonio Ameijide puso la lupa sobre este sistema de adjudicación después de comprobar que el año pasado, en el Concello de Lugo, se pagaron  3,5M€ en 657 adjudicaciones a dedo destacando “el lote de 384 contratos que la alcaldesa validó a pesar de que, sobre la mesa, figuraba un único presupuesto”.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular puxo en tea de xuizo os criterios de adxudicación dos contratos menores afirmando que “a alcaldesa está pechando a participación a pequenas empresas e autónomos lucenses”. Esta afirmación vén avalada polos datos recabados polo Grupo Popular que desvelan que “das 657 adxudicacións realizadas por este sistema en 2017, 431 se adxudicaron con menos de tres ofertas e, 384 contratos menores se aprobaron polos socialistas malia que só había, sobre a mesa, un único presuposto.

 

Antonio Ameijide, que denunciaba esta semana o uso abusivo desta fórmula, poñía a lupa sobre os criterios das adxudicacións realizadas nos últimos meses nas que o goberno socialista gastou 3.5M€. O popular manifestou que “o feito de que o 60% destas adxudicacións se validen só cunha oferta evidencia o déficit de transparencia no que está sumido o Concello de Lugo”. “O máis preocupante” salientaba o popular “é que estes contratos se realizan de forma habitual e, ás veces, fanse como de tapadillo para externalizar determinadas actividades.

As cifras que desvelan os populares desmontan as recentes declaracións da alcaldesa nas que aseguraba que “era máis estricta do que lle esixía a lei no tocante a este tipo de adxudicacións”. Ameijide acusa a Lara Méndez de “mentir de forma descarada xa que ela é a primeira en incumprir o seu propio código de boas prácticas no que se recomendaba presentar como mínimo tres ofertas para adxudicar un contrato menor”

Proposta PP

Co ánimo de corrixir esta situación o PP presentou para debatir no vindeiro pleno unha proposición para que se implante un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e outra móbil. “É preciso desenvolver un sistema mediante o cal poidan relacionarse de forma áxil e eficaz os proveedores interesados en traballar co concello. Unha vez rexistrados recibirían as notificacións de cada novo contrato menor que se oferte respectando as categorías predefinidas previamente.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies