EconomíaSin categoría

El PP afirma que es sospechosa y inexplicable la actitud de Méndez de no exigir acreditar titulación de inglés para trabajar en las oficinas de Turismo

By 14 agosto, 2018No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, reclama á alcaldesa que “recapacite e reconsidere a súa decisión de non esixir “un diploma acreditativo de coñecemento de inglés” no proceso de selección do persoal que traballará na oficina de turismo e nos museos de Lugo. O popular considera “sospeitosa e inexplicable esta decisión” xa que os datos de número de turistas que nos visitan indican que cada vez son máis estranxeiros os que pasan por Lugo. De feito no último semestre pola oficina de turismo da Xunta un 22% das consultas foron formuladas por estranxeiros fronte ao 14% que houbo en todo o ano 2017.

Para denunciar este proceso selectivo os populares presentaron un modelo ficticio de solicitude para os aspirantes a estes 17 postos de traballo no que a alcaldesa “substituiría o requisito de saber inglés por ter carné de partido,  folla de servizos prestados ou cartas de recomendacións, entre outros”.

Antonio Ameijide explicou que nos pregos para a xestión das oficinas municipais de turismo e dos museos reflíctese que “a supresión do requirimento do título oficial en inglés equivalente ao B1 é consecuencia da reflexión realizada sobre as necesidades reais da prestación do servizo… polo que para desenvolver dunha forma apropiada esta función requírese un dominio do idioma a nivel práctico, feito que, ás veces, un diploma non chega a asegurar totalmente”. Unha medida que contrasta con que si que pidan o título acreditativo Celga IV do galego.

Os populares critican que Lara Méndez “se fíe máis do que diga a empresa adxudicataria sobre os coñecementos de idiomas dos traballadores que dun título oficial ou dun exame práctico”, afirmou o popular, xa que no prego establécese que “o dominio de inglés será acreditado pola empresa”.

Ademais, o voceiro popular destaca que hai en España numerosos concellos que si que solicitan títulos oficiais que “certifiquen” os coñecementos do idioma e, a maiores, realizan algún tipo de proba oral para certificar que se posúen os coñecementos necesarios para desenvolver as tarefas precisas do posto de traballo. Por exemplo, o Concello de Paradela solicita certificado oficial e proba de ata cinco idiomas diferentes para puntuar no concurso-oposición; o Concello de Ribadeo realiza unha proba oral; o Concello de Consuegra (Toledo) solicita certificado e, a maiores, realiza unha proba de idiomas a cada persoa que opta ao posto de traballo e no consorcio de A Coruña xa establecen que a entrevista persoal pode realizarse en calquera dos idiomas que acreditan coñecer.

O prego de contratación rexerá as condicións para os 5 museos da cidade, a oficina municipal de turismo e o punto de información turística de verán e sairá a licitación por un importe de 590.713,24€ por ano, un contrato cunha duración de 2 anos e a posibilidade de prorrogar o mesmo durante dous períodos máis, dun ano cada un. Dende o PP xa se amosou a súa disconformidade con este documento en reiteradas ocasións “non só polo asunto dos idiomas senón tamén por varias incorreccións ou incongruencias que advertiu o PP e que, tanto a alcaldesa como a responsable de cultura, recoñeceron que estaban erradas pero non quixeron corrixilos”.

Antonio Ameijide lamenta a cerrazón de Méndez que incumpriu un acordo plenario no que se acordou esixir título de inglés, que se puntuase o coñecemento doutros idiomas e que se correxisen outros erros que figuran nos pregos de condicións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies