El PP afirma que la alcaldesa acreditó hoy que renuncia tirar el Garañón probablemente presionada por Orozco y Besteiro

By 27 marzo, 2018 O Garañón, Urbanismo

Antonio Ameijide considera “una falta de respeto que la alcaldesa reuna a la Comisión del Garañón sin la presencia de técnicos para buscar soluciones a este desastre urbanístico” lamentando que “Méndez no tenga voluntad de solucionar este problema, ni sepa lo que quiere hacer”

O voceiro do Grupo Popular acusa á alcaldesa de “montar hoxe unha pantomima para intentar ocultar a súa falta de vontade para demoler o Garañón”. Antonio Ameijide considera “unha falta de respeto aos grupos da oposición que se nos convoque a unha Comisión, desta importancia, sen invitar aos técnicos municipais” matizando que foi “unha absoluta perda de tempo que non aportou nada novo para aclarar o futuro das torres das costas do parque”. “É a confirmación de que Lara Méndez abandona a opción de tirar o Garañón mentres ela sexa alcaldesa” resumiu o voceiro do PP.

Antonio Ameijide afirmou que  alcaldesa “é títere dos seus padriños, Orozco e Besteiro,  que dende a sombra presionan á alcaldesa para que manteña a súa actitude inmobilista”. “Semella que Lara Méndez, ao seu ditado, dilata a decisión de tirar estas moles das Costas do Parque”.

Por outra parte, Ameijide denuncia a incapacidade de Lara Méndez por continuar botando balóns fóra, e pedir que a Xunta lles faga o traballo e decida o futuro do Garañón cando, por outra parte, vén de anunciar que se vai contratar a redacción da ordenación de detalle desta zona a unha empresa privada.

 Nese senso, o popular criticou que o retraso en iniciar os trámites para elaborar o Plan Especial de Reforma Interior cando “xa pasou a terceira parte do tempo dende que se decretou a  suspensión de licenzas o pasado mes de novembro”. A Ameijide sorprendeulle a decisión da que deu conta Lara Méndez indicando que “nin sabemos cal serán as liñas mestras deste estudo de detalle, nin o seu custe, nin o prazo que precisarán para a súa elaboración”.

Responder

16 + siete =