Los populares dicen que por la incapacidad del bigobierno los vecinos de Venancio Senra llevan 25 días con una fuga de aguas fecales en los garajes

By 18 septiembre, 2019 Infraestructuras, Obras, Sin categoría

El concejal del grupo popular Rafael Pérez afirma que las filtraciones afectan a varios garajes de los portales 3-5-7 de esta calle, situada en el Sagrado Corazón, y que hay malos olores que invaden las zonas comunes del edificio reclamándole al ayuntamiento que solucione de forma urgente este problema

O concelleiro popular Rafael Pérez Prados explicou que os veciños do portal 3-5-7 da rúa Venancio Senra sufren unha filtración de augas fecais nos seus garaxes dende hai 25 días sen que, ata o de agora, o bigoberno lles dé unha solución. “Ademais dos malos olores que teñen que soportar nas zonas comúns do edificio, os veciños non poden utilizar as prazas para aparcar os seus coches porque lles cae auga encima”, matizou o edil popular.

“A xestión da reparación desta fuga é un exemplo de descordinación dos socios de goberno que en 100 días de mandato ainda non se enteran que competencias teñen” explicou Rafael Pérez lembrando que ata o edificio afectado foron urbaser, a policía local, e a brigada de augas e responsables de saneamento urbano e que concluiron que era cuestión que debían resolver, pola súa conta os veciños”. “Ao final tiveron que pagar a un fontaneiro que lles confirmou que a filtración non era do edificio senón que viña da rúa e que podería ser da rede de saneamento”, resumiu.

Os populares manifestaron a súa indignación porque despois de 25 días de enredos a fuga de augas fecais seguen sen arranxar e os veciños afectados non saben nin cando, nin como lla van a arranxar.

Rafael Pérez Prados pediu ao PSOE e BNG “máis coodinación, máis comunicación entre eles e menos fotos” asegurando que a xestión desta fuga “é un auténtico despropósito” xa que tiveron tempo, máis que suficiente, para buscar unha solución

Dende o PP lamentan que unha vez máis “os lucenses sufran as consecuencias do desmantelamento das brigadas de diferentes servizos municipais” e se preguntan se o novo goberno municipal vai seguir “asfixiando ao seu persoal ou, pola contra, se vai reforzar as brigadas, tal e como defende o Partido Popular.

Responder

6 − 3 =