LimpezaMedio Ambiente

El PP ve ocultismo en la tramitación del contrato de la basura y que las prisas de los socialistas pueden provocar la declaración de la nulidad del proceso

By 27 julio, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que los pliegos de licitación del nuevo contrato de la recogida de la basura están repletos de incoherencias y incorreccións, alguna de ellas graves, que puede provocar reclamaciones por parte de empresas interesadas en la adjudicación de este contrato que provoque que se tenga que reiniciar todo el proceso de redacción de los pliegos y adjudicación del servicio

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, explica que as présas do concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, por dar unha rolda de prensa poden pasar unha gran factura ao proceso de licitación do novo contrato da recollida do lixo en Lugo, xa que os pregos presentados polo edil ante a prensa e que, posteriormente, o equipo de goberno aprobou en xunta de goberno están repletos de incorreccións e incoherencias que poden desembocar na declaración da nulidade dos citados pregos.

Antonio Ameijide cualifica como “moi grave” que na documentación aprobaba o mércores en xunta de goberno local e que, ao día seguinte, se puxo a disposición dos grupos municipais faltan ata 11 documentos clave deste contrato, algún deles de gran importancia, como pode ser a planimetría da cidade para detallar a recollida do lixo, a relación de persoal e o seu custe, nin tampouco a relación de medios materiais que o Concello porá a disposición da nova empresa adxudicataria e o valor económico dos mesmos.

O concelleiro popular ve nesta falta de transparencia unha triple intención por parte de Álvaro Santos, amparada por Lara Méndez. En primeiro lugar, unha mala praxe e deixamento por parte dos concelleiros socialistas; en segundo lugar, un intento de ocultar información aos edís do BNG, aos que xa non ven como socios de goberno, se non como rivais políticos; e por último, unha clara intención de evitar a fiscalización deste contrato por parte do grupo maioritario da oposición.

Antonio Ameijide detalla algún dos erros detectados nos pregos de licitación deste contrato, erros que non foron capaz de detectar entre todos os concelleiros que forman a xunta de goberno local, o que amosa “un deixamento total de funcións” xa que semella que non len nin a documentación que aproban.

Entre os erros detectados está o baile constante que se fai do número de empregados. No informe de contratación, figuran que na actualidade hai 131 empregados no contrato de recollida do lixo en Lugo, pero que a nova empresa contratista terá que subrogar a un total de 136 traballadores. Se isto xa parece incoherente, hai que engadir que segundo o dimensionamiento do servizo que se prevé nos pregos técnicos da licitación, o cálculo de horas previstas de traballo refírese para un total de menos de 100 empregados.

Outra das incorreccións detectadas fai referencia á recollida de animais domésticos falecidos. Nun punto explícase que a empresa adxudicataria terá que recoller os animais domésticos mortos, logo, no apartado de residuos non incluídos na recollida aparecen os animais domésticos mortos para, na seguinte páxina especificar que unicamente se recollerán os animais mortos na vía pública e, pouco despois, explicar de novo que so recolleran os animais domésticos mortos que teñan chip. “Está claro que as présas nunca foron boas compañeiras de viaxe, algo que queda claro neste prego de contratación, xa que as incongruencias son constantes”, sinala o popular.

Outras das graves incorreccións detectadas fai referencia á presentación de ofertas. Neste e noutros concursos, as diferentes empresas que se presentan ao concurso teñen que xuntar todo tipo de documentación en diferentes sobres. Neste prego de condicións especifícase textualmente que “dentro do sobre B deberá incluír necesariamente “en caso contrario será excluido) un presuposto detallado da oferta”. Trátase dun erro grave, xa que a oferta non se pode xuntar no sobre B, se non que ten que incluírse no sobre C xa que é o que fai referencia ás ofertas económicas, mentres que o sobre B fai referencia á proposta técnica suxeita a criterios evaluables mediante xuízo de valor.

Outras das deficiencias detectadas por Antonio Ameijide fan referencia aos novos servizos de recollida de residuos que se realizarán. Entre eses servizos atópanse os residuos orgánicos, algo para o que non figura ningún plan municipal neste senso e a única referencia que se fai é que a empresa adxudicataria terá que aportar un plan para a recollida destes residuos. Algo semellante sucede coas pilas, xa que so haberá colectores en instalacións municipais, ou cos colectores para aceite, xa que so se instalarán 50, pese a que a cidade conta con 650 rúas e o municipio con 54 parroquias.

Para Antonio Ameijide está situación vén derivada da présa de Álvaro Santos por dar unha rolda de prensa o pasado luns co único obxectivo de criticar a Gonzalo Caballero polos resultados obtivos polo PsdeG nas eleccións autonómicas. “As carreiras persoais semellan a bandeira dos concelleiros socialistas en Lugo, xa que cada un traballa para acadar os seus obxectivos persoais en lugar de traballar polos lucenses e a mellora do municipio”, afirmou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies