Zona Rural

El PP urge la que se resuelvan en 3 meses todas las licencias de obra de la zona rural atascadas en urbanismo

By 19 mayo, 2020No Comments

El Partido Popular cree que, tralo covid la zona rural de Lugo “debe aspirar a ser algo más que un lugar de escapada” y pide “responsabilidad” al gobierno local mejorar y potenciar la fijación de población en las parroquias”

O goberno local de Lugo tarda unha media de 532 días en tramitar unha licenza de obra da zona rural de Lugo. Así se desprende dos datos do resumo das licenzas resoltas en 2019 e que se recolle nas actas das xuntas de goberno celebradas entre o 9-01 ao 26-12 do pasado exercicio.

O concelleiro popular Manuel López indicou como “durante 2019 o goberno local tan só foi capaz de resolver cada catro días e medio unha licenza de obra na zona rural”. Este cálculo obtense das 81 licenzas resoltas, nese período de tempo, para reformas, rehabilitacións, legalizacións, ou construcción de vivendas, explotacións gandeiras ou agrícolas nas 54 parroquias da zona rural. Manuel López subliñaba que a previsión de orzamento ascendería aos 4.875.541 €.

Manuel López explicou  que trinta e unha destas licenzas son de peticións que se cursaron entre os anos 2013 ao 2017, corenta son expedientes do ano 2018 e tan só dúas corresponden ao ano que analizamos.

Por este motivo, os populares piden un compromiso firme de socialistas e nacionalistas á hora de axilizar as tramitacións de licenzas de obra na zona rural. López reclama, se é necesario, contratar a técnicos externos para cumprir os prazos que “segundo a lei suporía resolver en tres meses estes expedientes, algo que está  anos luz da media de dous anos que se tarda en Lugo”.

Precisamente este é un dos puntos que se presenta na proposición que os populares elevarán ao vindeiro pleno e na que se reclama “poñer en valor  a zona rural, e aproveitar o tirón que están a ter no mercado inmobiliario as vivendas nestas zonas, polo atractivo de ter espazos máis amplos e dispoñer de zonas de espacimento ao aire libre”.

No Partido Popular pensamos que “o rural non ten porque ser somentes un lugar de escapada, o noso rural ten moitas vantaxes. Por este motivo pensamos que, con medidas axeitadas, poderíamos facilitar e potenciar o asentamento poboacional nas 54 parroquias do municipio. Entre outras solicitamos a modificación das ordenanzas para bonificar ata o 50% a taxa de prestación de servizos urbanísticos e o ICIO. López engadía que estas propostas carecen de sentido senon se fan, de xeito inmediato, todos os trámites necesarios para aprobación definitiva do 5% do PXOM que está pendente de aprobación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies