EducaciónServicios sociales

El PP teme que Méndez retrase hasta enero aplicar la gratuidad, que pagada la Xunta, para segundos hijos y sucesivos en las cuatro Escuelas Infantiles Municipales

By 28 octubre, 2020No Comments

La concejal popular Cristina Abades quiere saber “los motivos por los que el Ayuntamiento de Lugo tardó diez meses en modificar la ordenanza que permitirá aplicar esta gratuidad” ya que “desde que se anunció al medida, en enero de 2020, tuvieron tiempo suficiente para tener listo este trámite”

A concelleira popular Cristina Abades quere saber se as familias que levan os seus fillos ás Escolas Infantís Municipais se están beneficiando da gratuidade que paga a Xunta para segundos fillos e sucesivos. A popular explica que intentou averiguar, facendo preguntas en diferentes comisións tanto ao vicealcalde Rubén Arroxo como a responsable de economía Paula Alvarellos, sobre se esta medida se aplica dende o mes de setembro recibindo por parte do bigoberno “respostas ambigüas que non clarifican si se lles pasa ao cobro a tarifa.

Para Abades a modificación da ordenanza para aplicar este desconto, e que se leva ao pleno deste xoves, chega tarde preguntándose “cales foron os motivos polos que non fixeron este trámite antes”. Hai que lembrar que esta medida, da gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas garderías, se anunciou no pasado mes de xaneiro. Daquela a alcaldesa aplaudiu esta acción alegando que  “suporía que todos estean en igualdade de condicións e, sobre todo, os que teñan menos recursos” e agora vemos que “no momento da verdade non é nin capaz de aplicar esta medida, nin de reclamar os fondos”

Cristina Abades explicou que a Xunta de Galicia, dentro das medidas de apoio ás familias, adoptou una medida pioneira e sen precedentes en toda España, a gratuidade das escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos. Tamén recorda que os Concellos podían aplicar esta medida no curso 2020-2021 xa que a Xunta dotou fondos para facilitar que as escolas infantís municipais introduciran a gratuidade. “Esperemos que non desaproveiten, ainda que sexan uns meses, esta medida tan beneficiosa para as familias” reflexionaba a popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies