El PP “satisfecho” después de que se aceptaran las modificaciones propuestas a la Ordenanza de Circulación

By 20 febrero, 2020 Infraestructuras, Tráfico

Desde el Grupo Municipal del Partido Popular explican que las propuestas realizadas para incluir en la Ordenanza de Circulación tienen como objetivo mejorar la protección de los peones a la hora de cruzar la calle, por lo que buscan mejorar su visibilidad para que los conductores puedan anticipar su presencia con suficiente tiempo de antelación

Os concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo amosaron esta mañá a súa “satisfacción” despois de que na comisión de Infraestruturas se aceptasen as achegas realizadas para incorporar á Ordenanza de Circulación.

Os populares recordan que esas propostas pasaban por mellorar a protección dos peóns á hora de cruzar, xa que na maioría de pasos de cebra de Lugo os condutores teñen case imposible ver aos peóns ata que chegan ao cebreado. Por iso, desde o Grupo Municipal Popular se propuxeron medidas como a instalación de pasos de peóns con isletas, de xeito que a beirarrúa invada parcialmente a calzada, e so ocupando o espazo necesario para asegurar que os peóns son visibles para os condutores.

Os concelleiros populares explican que no caso de que non sexa posible desenvolver esta medida, se estude a posibilidade de deixar un marxe de varios metros libres (a fórmula máis habitual é de cinco metros) antes de cada paso de peóns para garantir a visibilidade. Esta medida leva parello a eliminación dunha praza de estacionamento xusto antes do paso de peóns, pero ese espazo podería habilitarse para o estacionamento de motos, xa que non impiden a visibilidade e así se dotaría de prazas de estacionamento propias para este tipo de vehículos, “un medio de transporte cada vez máis habitual en Lugo”.

Nesta comisión, o Grupo Municipal Popular tamén conseguiu que se aceptase a mellora da seguridade no entorno do ascensor do Sagrado Corazón, despois de que numerosos veciños alertaran aos concelleiros populares dos problemas que xurdiron trala instalación desta infraestrutura. Neste senso, se solicitou a instalación dunha varanda na beirarrúa para evitar calquer perigo aos peóns e que na parte superior se realicen os rebaixes das beirarrúas, ademais de corrixir os problemas existentes xa que os días que chove con intensidade, fórmase unha balsa de auga fronte á escaleira.

Outra das peticións dos populares na comisión de infraestruturas pasaba pola mellora da rúa Monte Pía Paxaro, nas Gándaras, unha rúa que está sen asfaltar e que se cubriu de grava, pese a que se trata dunha rúa cun alto volume de circulación, xa que é unha das saídas que As Gándaras ten cara a Fervedoira, o volume de vehículos que circula por ela é alto. A sorpresa para os concelleiros populares foi que nun principio non se podía arranxar, xa que o bigoberno xa gastou o orzamento destinado ao plan de reasfaltado de Lugo, pero conseguiu o compromiso de que se destine unha nova partida orzamentaria e que esta rúa se inclúa dentro do plan.

Nesta comisión, desde o Grupo Municipal Popular tamén se pediu a colocación de máis varandas na contorna do centro de saúde de San Roque, xa que hai zonas de bastante pendente e nas que se debería estudar a colocación de máis varandas.

Responder

cuatro × 1 =