Culturatransparencia

El PP reclama una gestión del San Froilán más democrática y que se cuente con su grupo

By 4 junio, 2020No Comments

La concejal popular Beatriz Vázquez lamenta que “la cuatro meses de la celebración de las patronales” ainda no se había convocado la Comisión de Fiestas y lamenta que “en los enteremos por la prensa que el BNG va a organizar un encuentro virtual donde se explicarán las medidas en las que trabajan”

O Partido Popular aplaude o interese da responsable de cultura en ampliar as canles de participación para organizar o San Froilán pero, coa mesma intensidade, recrimínalle a Maite Ferreiro que,  a catro meses das patronais, non convocara ainda a Comisión de Festas onde están os grupos políticos da oposición.

Para concelleira popular Beatriz Vázquez “apartarnos da organización desta celebración é unha falta de consideración xa que representamos a milleiros de lucenses”. “O BNG ainda está a tempo de chamarnos e nós, coma sempre, estaremos dispostos a colaborar en todo o que estea nas nosas mans” aclaraba a concelleira.

Beatriz Vázquez cre que “dende que os nacionalistas tomaron as rendas das festas están intentando patrimonializar esta celebración” insistindo en que “a súa xestión debería ser máis democrática que nunca, e o máis transparente posible”.

Para a concelleira popular o máis desconcertante é “o manexo do dobre discurso dos nacionalistas” xa que durante a súa etapa na oposición reclamaban participación e agora que pisan moqueta parecen esquencer o significado destas palabras. Beatriz Vázquez recalcaba que o seu grupo “non quere unhas festas con selo do BNG senón unhas festas nas que estean representados todos os veciños e veciñas de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies